Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Varias asociacións únense na Plataforma pola defensa de Monte Neme

Varias asociacións únense na Plataforma pola defensa de Monte Neme
Aquelarre na Eira das Meigas do Monte Neme lugar fundacional da Plataforma Aquelarre na Eira das Meigas do Monte Neme lugar fundacional da Plataforma

Produtivo foi o Aquelarre que Senda Nova armou polo San Xoán que reuniu na Eira das Meigas a unhas 40 meigas para recuperar a historia do cromleche. Unha cita que serviu de km.0 para a recén creada a "Plataforma pola defensa de Monte Neme”

Son varias asociacións veciñais, culturais, ambientais e deportivas de Carballo e Malpica, as que se xuntan nesta Plataforma co obxectivo de “poñer en valor, promocionar e protexer o patrimonio, o entorno natural-paisaxístico e o valor sociocultural do Monte Neme, situado nas parroquias de Cambre e Leiloio (Malpica) e Cances, Oza e Razo (Carballo).

Monte Neme-Foto-Pablo Moreira Imaxe do esquecido Monte Neme-Foto-Pablo Moreira

Un dos seus voceiros, Adrián Eirís, ponnos en contexto: ”A situación de estancamento, incertidume e abandono da explotación mineira, que foron as principais razóns da rotura da balsa norte hai tres anos e o actual bloqueo das actuacións para garantir a seguridade e recuperación do espazo, así como o destrozo da reprodución simbólica do crómlech tamén chamado "Eira das Meigas”, xeraron un sentimento de inquietude e inseguridade que provocou que moita xente do entorno se interesase en tomar iniciativa dende a cidadanía para facerse oir, demandar e esixir respeto e solucións para este entorno a través dun movemento ou colectivo organizado en favor do interés común que poida converterse nun interlocutor válido que faga chegar estas inquietudes ás institucións e público xeral e faga visible a súa situación”.
Ademais da denuncia da situación presente, a Plataforma ten a intención de protexer, recuperar e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, industrial e cultural, tamén inmaterial (testemuños, toponimia e lendas) e facer unha proxección de futuro e recoller os valores e desexos da cidadanía de cara a posibles actuacións futuras no entorno, para que o Monte Neme poida converterse, ou se poida recuperar e ser de novo, como xa foi en tempos pasados, un símbolo e espazo de referencia sociocultural da zona.
No futuro, a medio prazo, ademáis da actividade reivindicativa e de concienciación da súa situación, esperase levar a cabo actividades de coñecemento do monte de primeira man e interpretación do patrimonio e proxectos de coñecemento e recuperación da memoria colectiva do monte.
Pero no corto prazo desexamos dar a coñecer públicamente a iniciativa e abrila tamén á participación de outras asociacións e particulares que se queiran sumar a ela. Para iso, pouco a pouco dotarase de contido á páxina web da Plataforma (monteneme.org) e ponse a disposición o correo electrónico ([email protected]) para obter máis información e adherirse a "Plataforma pola defensa de Monte Neme”.”

Novas relacionadas Fonte

Comentarios