Varias asociacións únense na Plataforma pola defensa de Monte Neme
Produtivo foi o Aquelarre que Senda Nova armou polo San Xoán que reuniu na Eira das Meigas a unhas 40 meigas para recuperar a historia do cromleche. Unha cita que serviu de km.0 para a recén creada a "Plataforma pola defensa de Monte Neme”
Son varias asociacións veciñais, culturais, ambientais e deportivas de Carballo e Malpica, as que se xuntan nesta Plataforma co obxectivo de “poñer en valor, promocionar e protexer o patrimonio, o entorno natural-paisaxístico e o valor sociocultural do Monte Neme, situado nas parroquias de Cambre e Leiloio (Malpica) e Cances, Oza e Razo (Carballo).
Imaxe do esquecido Monte Neme-Foto-Pablo MoreiraUn dos seus voceiros, Adrián Eirís, ponnos en contexto: ”A situación de estancamento, incertidume e abandono da explotación mineira, que foron as principais razóns da rotura da balsa norte hai tres anos e o actual bloqueo das actuacións para garantir a seguridade e recuperación do espazo, así como o destrozo da reprodución simbólica do crómlech tamén chamado "Eira das Meigas”, xeraron un sentimento de inquietude e inseguridade que provocou que moita xente do entorno se interesase en tomar iniciativa dende a cidadanía para facerse oir, demandar e esixir respeto e solucións para este entorno a través dun movemento ou colectivo organizado en favor do interés común que poida converterse nun interlocutor válido que faga chegar estas inquietudes ás institucións e público xeral e faga visible a súa situación”.
Ademais da denuncia da situación presente, a Plataforma ten a intención de protexer, recuperar e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, industrial e cultural, tamén inmaterial (testemuños, toponimia e lendas) e facer unha proxección de futuro e recoller os valores e desexos da cidadanía de cara a posibles actuacións futuras no entorno, para que o Monte Neme poida converterse, ou se poida recuperar e ser de novo, como xa foi en tempos pasados, un símbolo e espazo de referencia sociocultural da zona.
No futuro, a medio prazo, ademáis da actividade reivindicativa e de concienciación da súa situación, esperase levar a cabo actividades de coñecemento do monte de primeira man e interpretación do patrimonio e proxectos de coñecemento e recuperación da memoria colectiva do monte.
Pero no corto prazo desexamos dar a coñecer públicamente a iniciativa e abrila tamén á participación de outras asociacións e particulares que se queiran sumar a ela. Para iso, pouco a pouco dotarase de contido á páxina web da Plataforma (monteneme.org) e ponse a disposición o correo electrónico ([email protected]) para obter máis información e adherirse a "Plataforma pola defensa de Monte Neme”.”
- Novembro 2016: Pola recuperación do cromlech do Monte Neme.
- Setembro 2016: Uns traballos de rehabilitación garantirán a seguridade da canteira de Monte Neme.
- Novembro 2015: Piden un plan de recuperación da Eira das Meigas do Monte Neme
- 10-02-15: Un ano da desfeita do Monte Neme
- 02-09-14: Os propietarios do Monte Neme alegan contra o Plan de rexeneración presentado.
- 23-04-14: Denuncian que as augas tóxicas do Monte Neme poden causar alzheimer.
- 21-04-14: A Xunta confirma a toxicidade das augas do Monte Neme.
- 11-03-14: Valorados en 140.758€ os danos provocados pola rotura da balsa do monte Neme.
- 24-02-14: Asociacións e oposición alzan a voz contra a mina do Monte Neme e o comparan con Corcoesto.
- 13-02-14: Tragsa empezará a traballar de inmediato no Monte Neme.
- 12-02-14: A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme.
- 11-02-14: A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar.
- Redacción QPC ([email protected])