Mércores. 24.07.2019
El tiempo

“A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”

“A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”
A Reserva Marina de Lira esta sen vixilancia

Segue sendo a vixilancia un dos grandes cabalos de batalla da Reserva Mariña dos Miñarzos. Co novo censo aberto en breves, e un novo órgano de xestión máis autónomo en camiño, todo ficará unha Reserva de papel se non hai quen a controle.

Hoxe falamos con dous dos 3 vixiantes, da Asociación de Gardas de Galicia, AGGA, que levan dende o 1 de xaneiro de 2103 en paro. Xusto despois de que a Xunta anunciase que aportaría fondos para a vixilancia para despois esquecer a súa promesa.
Aser levaba un ano traballando, pero un dos seus compañeiros leva dende a súa apertura, hai máis de 6 anos. Hoxe vén como todo o litoral carnotán está a mercé dos furtivos, sen que ninguén poida facer nada. "Son moitos os percebeiros que chaman protestando porque hai furtivos, pero nós xca non podemos facer nada", sinala o garda en paro.

"Agora están a dicir moitas mentiras nos xornais afíns, como que Gardacostas está vixiando. E non é verdade, pois máis alá de algunha vista, dende lonxe, de Salvamento de Muros, non hai máis".

Dende o propio colectivo dos gardas, aseguran "estar fartos de promesas e incumprimentos. O caso é que a reserva leva un ano sen vixilancia ningunha e é porque non queren, ou queren aforrar os cartos que veñen destinados de Europa para este cometido", denuncian.

1 Garda para 180 barcos

Pode que o novo censo se amplíe ata os 180 barcos. "Como vai vixiar unha soa persoa 180 barcos?", pregúntanse Cristian e Aser, que lembra que a Xunta enviou unha proposta para ter un só Gardacostas, para as 24 horas do día, apoiado dunha cámara de vídeo vixilancia, outra necesidade que tampouco chegou.

"Nós coñecíamos o censo da reserva, sabíamos quen entraba e quen saía, os quilos que sacaba cada barco, cada percebeiro, cada mariscadora... Agora xa non hai control, ninguén sabe se este barco está no censo, se leva 1000 quilos demais, ou se aquel percebeiro é furtivo. Xa non hai maneira de controlalo", sinala Ln.

Cartos europeos

Ademais da falta de interese da Xunta, por máis que se lle encha a boca á Conselleira falando da Reserva polo mundo adiante, hai moitos intereses por detrás. Hai mariñeiros aos que non lles interesa que haia vixilancia.

Sobre as idas e voltas da Consellería tamén nos falan Cristian e Aser. "Tivemos varias reunións co Secretario de Pesca e ca Conselleira, e tras unhas primeiras palabras moi positivas, esquecéronse de nós. Ou máis ben, quixeron esquecerse". "Cando fumos á Consellería nos dixeron que nos firmaban a vixilancia durante 4 anos máis. Pero logo fumos falar directamente con Maneiro para aprobar o orzamento e deron todo para atrás". "Aí démonos conta que na Xunta pasaban da Reserva, pois aínda temos pedido outra visita coa Consellería pero non nos foi aceptada.

Por iso, queren que "Europa saiba que os cartos que están enviando non se están investindo no que deberían". I é que son cartos que proceden da UE, que serían pagados á Confraría de Lira e sería esta a que pagase a vixilancia. Pero poarece un proceso demasiado complicado para que a Xunta lle dea para adiante.

I é que a AGGA presentou un orzamento de 150.000€ anuais que cubriría 3 Gardas, un orzamento moi apurado que foi ben visto nun primeiro momento pola Xunta porque aforraba unha gran cantidade do empregado nos anteriores cursos. "Pero non aceptaron, dixeron que non se podía adxudicar directamente", apuntab. "Ofreceron a posibilidade de facelo a través da SEAGA, pero tampouco quixeron, e o mesmo aconteceu con sacalo a través dunha subasta, pero tampouco porque implicaría moitos cartos...", critican os gardas.

Por un órgano de xestión máis completo

Para o garda, "o órgano de xestión da Reserva tampouco está sendo unha solución, porque percebeiros e mariscadoras non forman parte del. Só están os mariñeiros, e hainos quen están en contra da vixilancia", denuncin.
"Para min, tería que haber un órgano de xestión coa xente da confraría, cun responsable dos mariñeiros, un dos percebeiros, un das mariscadoras e un dos gardas", apuntan.

"A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos é criminal", conclúen

Os Gardiáns da Pesca

Deixamos un fermoso vídeo sobre a profesión dos Gardiáns da pesca:

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

Comentarios