Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa

A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa
Alumnos do IGAFA soltaron alevins en Lira-Foto-O Canto da Balea

Dabamos conta esta semana da nova solta de alevíns de lubrigante na Reserva Mariña dos Miñarzos. Unha gran nova para a zona, dende logo, pero que non implica unha maior atención das administracións, se non que se trata de meras ¡actividades formativas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura de Galicia, como nos contan dende o propio centro.

Foron 40 alumnos do IGaFA da Illa de Arousa, os que se achegaron a Lira, coa axuda do Canto da Balea, para liberar 150 exemplares xuvenís de lumbrigante (poucos comparados con anteriores soltas que chegaban a 1000) cultivados por eles mesmos nas súas actividades de formación. A area de solta escollida foi o Mar de Lira, porque hai zonas accesibles onde hai mestura de bolos e area, o hábitat que prefiren estes animais cando son novos.

Pero como nos indican dende o IGAFA, “os lumbrigantes que se soltaron do 2012 en diante proceden exclusivamente das actividades formativas dos alumnos, pero igual que ós lumbrigantes do plan de repoboación, estes exemplares levan inserida unha marca interna que só pode ser detectada cuns detectores especiais que neste momento hai nas lonxas de Muros e Fisterra”.

Cóntannos que no período 2006- 2010 houbo un Plan de Repoboación de especies mariñas da Consellería do Medio rural e do Mar, no que se cultivaba rodaballo e lumbrigante para a súa solta e estudo da bioloxía da especie e do rendemento do plan a partir das recapturas. Na reserva mariña dos Miñarzos chegáronse a soltar 4.000-5.000 lumbrigantes ó ano, na zona que abrangue Lariño, Lira e Caldebarcos.

A recollida de datos continúa, pero a partir do 2012 só se recollen individuos marcados de talla legal (que se pagan a 60 €/kg). O exemplar máis grande recollido ata agora foi un macho de 1 kg de peso e 6 anos de vida.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

Comentarios