Luns. 23.05.2022
El tiempo

A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable

A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable
Tres pescadoras mesoamericanas de visita en Lira para coñecer a Reserva Mariña dos Miñarzos-ESF

Sempre son positivas estas visitas pola zona, pero dan conta dun dos nosos meirandes problemas. Algo tremendamente valorado dende todo o mundo, pero que nós defenestramos. Algo así está acontecendo coa Reserva Mariña dos Miñarzos en Lira. Despois de ducias de recoñecementos internacionais, de premios, de loubanzas polo traballo en favor da pesca sustenable, ese pioneiro proxecto perece por desatención.

Co pósito liracho endebedado, a lonxa baixando o nivel de vendas, o furtivismo ás súas anchas tras máis dun ano sen vixilancia, apenas sobrevivindo a base de autoxestión, queda nunha mera Reserva de papel. Unha aposta que só pode salvar o Ministerio, que ten enriba da mesa un ambicioso proxecto de macro-reserva, do que, esperamos falar nun futuro próximo.

Mentres, seguen chegando as visitas internacionais. A última da man da ONG Enxeñeiros sen Fronteiras. No marco dun amplo programa de pesca sustentable (“que fica no papel pero segue nas persoas”), tres pescadoras mesoamericanas visitaron a zona de Lira a finais de 2014, da man do O canto da balea.

As Aleyda (Nicaragua), Fátima (Honduras) e Alejandra (El Salvador) embarcaron para coñecer de primeira man como traballa a pesca artesanal costeira. En porto compartiron traballo coas redeiras, ew despois visitaron as instalacións do Canto da Balea, un exemplo de proxecto de concienciación medioambiental no eido marítimo. A hondurena Fatima falou cas redeiras de Lira-ESF

Campaña de promoción da Pesca Sustentable de Enxeñeiros sen Fronteiras Galicia e Amigos da Terra co langostino Rodolfo

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

comentarios