Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Xornadas de Pesca: O Pindo segue medrando sen deixar de ollar o mar

Xornadas de Pesca: O Pindo segue medrando sen deixar de ollar o mar

Un ano máis, e xa van 11, a Confraría de Pescadores do Pindo prepara as súas completísimas Xornadas de Pesca do Pindo. Este ano serán 3 días cheos de actividades (24, 25 e 26 de xuño), nos que pretende amosar unha visión do mundo do mar dende o presente, pensando nun futuro mellor pero sen perder de vista o pasado mariñeiro e o patrimonio marítimo da vila carnota.

Coma sempre, as charlas alternaránse con actividades para nenos e saídas. Este ano toca roteiro guiado para subir á Moa, unha das cousas máis impresionantes que se poden facer na vila. A subida será o sábado 25 de xuño.

Un completo programa

CARTEL XI XORNADAS DE PESCA do Pindo

E se xa dúas semanas antes arrincan as actividades para os cativos, o venres 24 de xuño abrirán as Xornadas coa inauguración, da man de Daniel Formoso, Presidente da Federación Provincial de Confrarías, e Merche Díaz Mayán, Secretaria da Confraría do Pindo, Ese venres a charla será sobre Métodos tradicionais, e tecnolóxicos, de orientación no mar, e falarán o mariñeiro xubilado Pepe do Maño, o responsable do CEMMA Alfredo López, e o capitán da Mariña Mercante e profesor da UCD Felipe Louzán. A primeira tarde rematará con debate e degustación de produtos mariñeiros, acompañado pola música de Proxecto Pentalfa.

Subida a Moa nas Xornadas do Pindo Marino 2016

O sábado 25 abre cunha charliña preparatoria para a subida ao Pindo da man de Xilberto Caamaño e Sven Schwbsch, da Asociación Monte Pindo Parque Natural, e Ismael Louro, do pósito local. Xa de volta, ás 17:30, Bernardo Maíz falará en clave de historia, para dar paso a unha sesión sobre as novas oportunidades e novos recursos económicos a través do mar. Falarán das Reservas Mariñas, agora que está no punto de mira a Gran Reserva da Costa da Morte; ou do turismo vencellado ao mar, poñendo o exemplo do Albergue Portaventosa de Lira, da man de Daniel Fernández Longueira.
O propio sábado, a partir das 20:00h toca acto cultural cun recital de poesía e música con Chisco Fdez. Naval, o fisterrán Alexandre Nerium, o mazaricán Ismael Ramos, Marta Dacosta, María Xosé Fdez ou Moncho do Orzán, que tamén fará soar a súa gaita para pechar a xornada despois da sardiñada e do conxuro de César Cambeiro.

Para o domingo máis cousas, como a mesa redonda sobre os novos perigos sobre os traballadores do mar; a degustación da tapa gañadora do Concurso de petistcos, e outra charla sobre historia coa profesora da USC Mª de Mar Llinares e a redeira Mª del Carmen Sánchez. Será Elisa Gago, Xefa de Servizo de Xesión dos Recursos Marisqueiros da Consellería do Mar, a que poña o punto e final a estas xornadas.

Outras actividades para nenos

  • Martes 14 e venres 17 de xuño de 17:30 a 19:30: Actividades medioambientais con Sven na praia: Body board e Flores acuáticas.
  • Mércores 15, luns 20, e mércores 22 de xuño de 18:30 a 20:30: Obradoiro de Cestería tradicional.
  • Martes 21 de xuño de 17:30 a 19:30: Actividade medioambiental con Sven no monte. Explorando o Monte Pindo.

Máis información e inscricións, nates do 6 de xuño en: 981 764 815, [email protected].

Máis información

Máis información e inscricións: 981 764 815, [email protected].

Novas relacionadas

Xornadas de Pesca do Pindo

Fonte

Comentarios