Martes. 19.11.2019
El tiempo

A Fervenza convertirase no centro galego da aeronática deportiva e de lecer

A Fervenza convertirase no centro galego da aeronática deportiva e de lecer
Naturmaz sera o novo centro galego da aeronautica

Ninguén dubidaba do espazo deportivo da Fervenza, no corazón de Mazaricos. As instalacións do Turismo Activo Naturmaz levan anos prometendo convertirse en referente galego, e parece que acaban de dar un paso adiante para ser o gran centro galego da aeronáutica deportiva e de lecer. I é que Naturmaz vén de asinar un convenio coa Escola de Pilotos AFN para potenciar o aerodromo de Mazaricos e as súas actividades, como confirmaron os directores de Naturmaz, Juan José Branco Riveiro, e de Aeroflota do Noroeste, David V. Fernández Bermúdez.

Naturmaz e a Escola de Pilotos AFN asinaron un convenio

A idea será a de crear e desenvolver unha plataforma co obxecto de promocionar, difundir, fomentar e potenciar as actividades aeronáuticas en Galicia. Este acordo permitirá aos alumnos do centro galego de formación de pilotos de liñas aéreas, Aeroflota do Noroeste AFN, gozar das instalacións e servizos que ofrece o centro de turismo activo Naturmaz no embalse da Fervenza (Mazaricos), entre os cales atópase o voo en aeronaves ultraligeras con carácter deportivo. Á súa vez, os alumnos dos cursos de voo en ultraligero de Naturmaz poderán beneficiarse dos medios, cursos e instalacións con que conta Aeroflota do Noroeste no aeroporto coruñés de Alvedro.

Doutra banda, as xestións realizadas por Juan José Branco permitirán, coa entrada do Real Decreto, que a escola de pilotos profesionais AFN utilice o campo de voo de Mazaricos para realizar parte do adestramento, tanto dos pilotos de liñas aéreas, como do alumnado do curso de piloto privado de avión, para o que a escola de pilotos crearía unha base de operacións no campo de voo galego.

En agosto está prevista a presentación do novo proxecto no campo de voo e o inicio da colaboración entre ambas entidades, á espera da entrada en vigor do Real Decreto que permitirá a AFN expandir as súas operacións ao campo de Mazaricos.

Máis novas aventureiras

Fonte

Comentarios