A Operación Orquesta por Concellos (I): Mazaricos
Hai apenas unha semana que se finalizada a instrución dunha Operación Orquesta que queda sen xuíz. Repasabamos tamén as liñas xerais do auto e Louzán amosábanos a súa acertada Verdade sobre a trama, que se pechaba con 26 imputados á espera da chamada ao xuízo oral, que non se preve ata o ano que vén.
Hoxe abrimos unha pequena serie analizando as máis de 40 follas do auto, e o facemos Concello a Concello, como recolle o propio informe, que pon dende o comezo un ollo no "cazo", que é a grande denuncia do xuíz nesta trama.. Pasaremos por Cee, Fisterra, Corcubión e Muxía, pero comezamos por Mazaricos.
Destaca o xuíz que a "dinámica presuntamente delictiva resulta idéntica" á dos outros concellos exemplificada. Isto é: influencia do empresario sobre determinadas autoridades e funcionarios adscritos a tal Concello co fin de obter un trato de favor na adxudicación de obra pública, unha práctica máis ou menos habitual pero non iso menos merecedora do presunto delito de prevaricación e suborno. I é que as comisións ilegais tamén están no punto de mira.
O auto, tras analizar varias escoitas telefónicas, apunta que Orlando González Villarino (arquitecto do Concello) xa lle deixa entrever a Daniel Ogando, da construtora Ogando, que como forma de compensar algo, vaille a meter outra obra. Ogando presentaba 3 proxectos, contando con outras dúas empresas que xa sabían que non ían saír no concurso, para que saise o seu, obtendo obras por 220.000€.
O arquitecto municipal dille noutra conversa a Ogando "a ver se pescamos esta!", en alusión a outra obra, demostrando no delito de tráfico de influencias.
O auto recolle tamén como o alcalde Santos Maneiro pide que se lle engadan 12.000€ máis nun proxecto para Ogando con valor de 180.000. Un alcalde que días despois da súa imputación se preguntaba coa voz en alto "Como pensan que se financias as festas en toda Galicia?" facendo evidente que a falsificación de documentos e tráfico de influencias, sempre, ademais, coa cooperación necesaria da secretaria municipal, Ana María Reyes.
Precisamente sobre festas vaia a imputación de Benito Martínez, conserxe do Concello de Mazaricos, ao que se lle supón recibir u pago en metálico de Ogando de 5.000€, teoricamente para pagar as festas da Fervenza, cando na folla das contas da festa só consta unha axuda da empresa muxiá de 300€.
Imputados en Mazaricos
- José Manuel Santos Maneiro, alcalde de Mazaricos, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Ana M. Reyes Cambre, secretaria municipal, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Orlando González Villarino, arquitecto municipal, por presuntos delitos de Delito contra a Administración Pública, tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Benito Martínez, conserxe do Concello, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
- Yoni Tuñas Nieto e Lino Tuñas Garabal, da empresa mazaricá Excavaciones Yoni Tuñas, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
Máis información
Artigos relacionados
- Verdades de Louzán: 1001/2009.
Novas da Operación Orquesta
- 15-04-13: Os trending topics da Operación Orquesta.
- 10-04-13: A operación queda sen director de Orquesta.
- O último impulso á Casa da Cultura de Cee?.
- Ramón Vigo (II): “O sumario da Operación Orquesta é infumable”.
- 23-05-12: A Operación Orquesta volve subir ao escenario.
- 29-09-11: Un novo alcalde imputado na Operación Orquesta.
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 21-07-11: Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- 05-07-11: A Operación Orquesta continúa en marcha.
- 13-05-11: Repaso ao Sumario da OO (VI): Quen alimenta a Caixa B?.
- 04-05-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (V): De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal.
- 25-04-11: Unha de candidatos en proceso xudicial.
- 19-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento.
- 15-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados.
- 14-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados.
- 13-04-11: Vigo asegura que a trama débese a que se negou a encabezar as listas do PP e do PSOE de Cee.
- 12-04-11: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta.
- 06-04-11: Levantado o segredo de sumario da Operación Orquesta.
- 01-04-11: Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).