A Costa da Morte non faltou á multitudinaria manifestación por unha Sanidade Pública digna

Non collía unha agulla na Praza do Obradoiro durante a manifestación da mañá deste domingo 12 de febreiro convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. Unhas 50.000 segundo as convocantes encheron as rúas e a simbólica praza do centro do país, nun momento que consideran “histórico” e que debe servir de “punto de inflexión” para que a Xunta cambie as súas políticas en materia de sanidade.
Non faltou unha ampla expedición da Costa da Morte. Comandadas pola Pediatras e Matrona Xa e a recén constituída Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte, a comarca estivo presente con 4 autobuses e moita xente que se desprazou no seu vehículo.
Mobilización chave
Ademais de agradecer a labor dos traballadores “precarizados”, fixeron as peticións para que a Xunta mude a política de recortes e privatizadora, por un plan urxente que dignifique a nosa sanidade pública galega. Deixaba claro o manifesto a necesidade de subir ata o 25% o investimento en sanidade, o recomendado pola OMS, lonxe do 14% que actualmente inclúe a Xunta nos seus orzamentos. /p>
”Este é un punto de inflexión que pode ser irreversible”, destacaron, deixando claro cos berros aquelo de 'Rueda, atende, o Sergas se non vende. Aquí está ou pobo que a defende'.
Mobilización histórica de @SOSsanidade enchendo o Obradoiro e con milleiros de persoas ateigando as rúas de Compostela. Berro masivo na defensa da #SanidadePublica contra a xestión nefasta de @ppdegalicia e @AlfonsoRuedaGal
— Galiza Contrainfo 🔥 (@gzcontrainfo) February 12, 2023
Botémolos fora: #NuncaMais pic.twitter.com/ei9KJmI9yq
Son as 14 h e estamos aínda entrando no Obradoiro. E quedan milleiros por chegar. #SOSSanidadePublica #SanidadePúblicaGalega pic.twitter.com/ExYGhj0Pvo
— Xavier Campos (@sinheira) February 12, 2023
NOVAS RELACIONADAS
- Xaneiro 23: Constituída formalmente a Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte:
- Xaneiro 23: O “déficit estrutural de persoal” na Atención Primaria, a excusa perfecta.
- Decembro 22: “A Sanidade Pública é tesouro que nos están roubando”
- Novembro 22: As familias volveron manifestarse pola falta de pediatras.
- Destacan o amplo respaldo da cidadanía galega á ILP de SOS Sanidade Pública.