Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Excarcerada unha persoa tras accidente en Beba

Accidente en Mazaricos
Excarcerada unha persoa tras accidente en Beba

Esta pasada madrugada, arredor das 0:00h, produciuse un accidente por unha saída de vía e unha persoa atrapada na parroquia de Beba, Concello de Mazaricos, concretamente na estrada AC-400, quilómetro 80.

Os bombeiros do Parque de Xallas – A Barcala, que viñan de retirar un niño de velutina e unha árbore caída polo vento no Concello da Baña, achegáronse ao lugar onde xa estaba unha ambulancia do 061 (dous colectivos en folga), Protección Civilm, GES de Muros e a Garda Civil.

Tiveron que proceder á excarceración dunha persoa que quedara atrapada no interior do vehículo, concretamente entre o salpicadeiro e a porta dianteira dereita. Unha vez liberada foi traslada a ambulancia ao CHUS.

Comentarios