![Concurso fotográfico Mazaricos]()
Concurso fotográfico Mazaricos
Con pouco máis de dous días transcurridos, a
Semana Gandeira de Mazaricos xa comeza a ser un éxito. Dende a organización - encabezada polo concello de Mazaricos, a
asociación Eu Son Mazaricos e a
asociación de Gandeiros - indican que se seleccionaron máis de 50 imaxes para participar no
concurso fotográfico. Agora, un xurado elixirá as tres mellores fotografías e daráas a coñecer o vindeiro sábado no pavillón da Picota. Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra para canxear nos establecementos de Mazaricos, por valor de
150€, 100€ e 50€.
Outras das actividades que se enmarcan dentro da Semana Gandeira son as
visitas escolares nas que participan
máis de 150 alumnos e alumnas de educación primaria dos diferentes centros educativos de Mazaricos. Durante estas excursións, os escolares teñen a oportunidade de coñecer as instalaciós da fábrica de
Feiraco e unha vez alí espertan a súa curiosidade sobre o envasado do leite. Ademais, esta actividade inclúe visitas a algunha das explotacións gandeiras do concello, tales como a
Explotación Perfecto S.C. que conta cun sistema de ordeño totalmente robotizado.
Mais, segundo a organización, o prato forte da Semana Gandeira será durante esta fin de semana. As actividades programadas para o sábado e o domingo e que terán lugar na Picota "atraerán a públicos de todas as idades tanto do concello como da contorna e convertirán a Mazaricos como un referente gandeiro da comarca", indican os organizadores.
De visita
![Rapaces de Mazaricos nunha granxa pola Semana Gandeira]()
Rapaces de Mazaricos nunha granxa pola Semana Gandeira
No marco #SemanaGandeira tamén hai espazo para os cativos. Os rapaces e rapazas do CPI A #Picota, visitaron onte as instalacións da explotación gandeira Perfecto SC, ubicada no lugar de Pazos, da parroquia de Os Vaos, na que se lles explicou o funcionamento dos seus robots de muxido.
A muxir
![campionato muxido Mazaricos]()
Ademais das xornadas técnicas, dos stands, das actividades para os máis pequenos, do
concerto musical de DE VACAS, e dunha poxa de xovencas - o domingo - un dos atractivos da Semana Gandeira é o
campionato de muxido que terá lugar entre as 16 e as 19 horas no pavillón da Picota.
Verónica Blanco, veciña do lugar de Lago - Mazaricos -, encargouse da "creación" da vaca frisona que responde ao nome de "Mazarica". Este exemplar está feito en fibra e no seu interior contén un tanque de plástico que recolle o leite que se empregará durante o campionato. Os concursantes deberán ser capaces de muxir a maior cantidade de leite posible durante 30 segundos e cunha báscula de precisión pesaráse o líquido munguido. O premio é un
Pack MZ; composto por unha taza ou pendrive, un xersei polar, un lápis e un boli. Haberá premio para maiores e pequenos que participen no campionato.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)