Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos acende os fogóns para recuperar a XXIV Festa do Bolo do Pote

CARTEL XXIV BOLO DO POTE
Mazaricos acende os fogóns para recuperar a XXIV Festa do Bolo do Pote

Mazaricos celebra o 4 e 5 de marzo a XXIV Festa do Bolo do Pote, que regresa ao formato tradicional Despois de varios anos sen celebrala e dunha edición adaptada ás restricións da pandemia, a festa de exaltación desta receita mazaricá tradicional volve ás súas orixes.

A programación arrinca o sábado 4 con xantares e ceas, previa reserva, de cocido e bolos do pote nos distintos locais participantes da festa. Estes son os restaurantes O Verxel, Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Pinocchio, Asador Manduca, Campamento Corzón, O Curruncho dos López e Casa Pego. Ademais, colaboran a Taberna Casa Senra e mais o Café Bar Alborada. É recomendable reservar previamente en calquera dos locais. O prezo dos menús de bolo do pote, cocido, postre, viño e café será de 25 euros.

O domingo 5, a festa arrincará a partir das 13h co pasarrúas e concerto do Grupo de Gaitas de Mazaricos. A continuación terá lugar a degustación gratuíta dos bolos do pote na carpa habilitada no campo da feira, como tradicionalmente, e a degustación e xantar nos distintos locais. A partir das 15:30h terá lugar o pasarrúas pola Picota da Charanga Alambique.

Outras actividades

Se o tempo o permite, instalaranse inchables para que xogue a rapazada. Será entre as 12:30h e as 15:15h, e entre as 16:15h e as 18:30h.
Ademais, e para os amantes dos coches Minis, cadrando coa festa celebrarase unha Miniquedada Bolo do pote 2023.

A festa está organizada, un ano máis polo Concello de Mazaricos, coa colaboración na organización da Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e mais o restaurante e hotel Casa Jurjo.

Comentarios