Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Mazaricos e Carballo estarán moi presentes na Feira Xantar

Bolo do Pote de Mazaricos no Xantar de Ourense 2020
O Bolo do Pote de Mazaricos foi protagonista xa o ano pasado na feira Xantar de Ourense
Mazaricos e Carballo estarán moi presentes na Feira Xantar

O Concello de Mazaricos levará as súas fevenzas, a súa gastronomía...  a dous importantes eventos turísticos que se celebrarán durante o mes de novembro. O venres 5 unha delegación do Concello viaxará ata a cidade de Ourense para participar no Xantar Ourense, a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada en España e Portugal. Posteriormente, do 7 ao 9 de novembro Mazaricos contará con stand propio no IV Fórum do Camiño de Santiago Fair Way, que se celebrará en Santiago de Compostela.

En Ourense, Mazaricos volverá presumir de gastronomía a través dun showcooking de demostración do produto local, que terá lugar entre as 12h e as 14h no recinto de Expourense. Na última edición deste evento, ao que o Concello de Mazaricos ten acudido xa en anteriores ocasións, estiveron representados nove países e rexistráronse máis de 25.000 visitas.

Por outra banda, no IV Fórum do Camiño de Santiago, Mazaricos contará cun stand propio. Será un dos poucos concellos galegos que contará con presenza propia e diferenciada neste evento. Para o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Sanmartín, esta presenza propia é consecuencia “do esforzo que levamos a cabo dende hai anos por dar a coñecer o noso concello como destino turístico”. Sanmartín sinala que “os froitos dese traballo vense no crecemento da oferta e demanda turística no noso municipio”.

Carballo, con stand propio

Pola súa parte, o Concello de Carballo terá o eu propio stand no Xantar, onde porá en valor o pan, as conservas, o chocolate, a empanada, o pan de ovo como mostra do bo facer da hostalaría carballesa. O obxectivo é aproveitar esta excelente plataforma para dar a coñecer todas as posibilidades do municipio como destino.

O posto de Carballo estará aberto a diario no horario da feira, de 12.00 a 21.00, agás o domingo, o último día, no que se pecha ás 19.00 h. Haberá unha selección de produtos das panadarías carballesas, ademais dunha mostra de Chocolates Mariño, Conservas Calvo e licores Borja Bello. Ademais, haberá información turística xeral sobre Carballo: mar, praias, lecer, arte urbana, surf, termalismo, férvedas, patrimonio…
Por último, o programa de Carballo en Xantar complétase con desgustacións de produtos das panaderías da vila e cun showcooking. As degustacións serán todos os días ás 13.00 h. con pan, pan de ovo e empanada. O showcooking terá lugar no stand da Deputación da Coruña e correrá a cargo do chef Xusto Posse Rodríguez, do
restaurante carballés Albaroque
. Será o día de apertura, o mércores 3 de novembro ás 19.00 h., con este suxestivo título: “Sabores da gastronomía local: bacallau ao pil pil con fabiñas de Carballo”. Sen dúbida, unha maneira de dar a coñecer a excelente e variada oferta gastronómica do noso concello e de deixar ao público de Xantar con
gañas de probala.

comentarios