Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Fervenza de Grosolfe

Recunchos da Costa-Fervenza de Grosolfe en Mazaricos
Recunchos da Costa: Fervenza de Grosolfe

Seguimos percorrendo a fermosa Ruta das Fervenzas de Mazaricos. E despois de pasarmos polo Fírvado, Santa Locaia e Noveira, e seguimos, para nota, para descubrir a gran tapada, a fervenza de Grosolfe.

Fervenza de Grosolfe

Desta volta teremos que ter coidado porque a ruta, recén estreada, limpiña e sinalizada, é algo esixente. Deberemos achegarnos ao lugar de Grosolfe, para percorrer os ríos de San Paio e de Santa Locaia (dous que desembocan na ría de Noia). Pronto atopamos unha pronunciada pendente nun incomprable marco de bosque de ribeira cheo de carballos, no que tamén podemos sumerxirnos.

Pronto, a apenas 10 minutos da aldea, topamos a Fervenza de Gosolfre, que soa así.

 

Como chegar a Grosolfe

 

A RUTA COMPLETA

CARTEL_RUTA das Fervenzas de Mazaricos

A proposta que parte desde a concellería de Turismo do Concello ten unha fin de semana de duración. Nela recoméndase ir a mañá do sábado camiñando desde Pino de Val ás fervenzas de Vioxo-Chacín e Santa Locaia, ambas na parroquia de Chacín. A tarde quedaría reservada para achegarse en coche á Fervenza de Fírvado, aínda en Chacín e á da Noveira, na parroquia de Arcos. A recomendación para rematar o día é ver o solpor desde o Mirador Padre Sarmiento, no que converxen, nunha vista única, o Pindo, Fisterra, o Atlántico e a presa do Encoro de Santa Uxía.
Deste xeito, a mañá do domingo quedaría reservada para a fervenza de Gosofre, que é a que ten unha ruta máis esixente e non apta para persoas que non estean acostumadas ao sendeirismo.
Por orde, os accesos máis fáciles son Noveira, Santa Locaia, Fírvado, Vioxo-Chacín e Gosolfre, se ben a única complexa é esta última.

MÁIS INFORMACIÓN

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios