Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza do Fírvado

Recunchos da Costa Fervenza do Firvado-Mazaricos
Recunchos da Costa: A Fervenza do Fírvado

Seguimos percorrendo a Ruta das Fervenzas de Mazaricos. E despois de visitar as de Santa Locaia e a de Noveira, hoxe toca irmos ata o Fírvado, sita na parroquia de Coiro.

O cruce do río Beba co Xendiz deixa unha fervenza que cae en dous niveis, deixando unhas caídas e pozas fermosisimas. Un dos máis simbólicos é o coñecido como “Pozo Negro” onde, segundo conta a lenda, o día de San Xoán, antes do amencer, unha gran grade de ouro emerxe das súas profundidades.

Fervenza do Firvado en Mazaricos

Así estaba en 2012:

E así está en outubro de 2020:

 

Como chegar

Non hai sendeiro para, pero dende o lugar de Beba, co bo oído e co googlemaps poderemos pelexar para chegar. Tendes a ruta sinalizada no wikiloc.

A ruta completa

CARTEL_RUTA das Fervenzas de Mazaricos

A proposta que parte desde a concellería de Turismo do Concello ten unha fin de semana de duración. Nela recoméndase ir a mañá do sábado camiñando desde Pino de Val ás fervenzas de Vioxo-Chacín e Santa Locaia, ambas na parroquia de Chacín. A tarde quedaría reservada para achegarse en coche á Fervenza de Fírvado, aínda en Chacín e á da Noveira, na parroquia de Arcos. A recomendación para rematar o día é ver o solpor desde o Mirador Padre Sarmiento, no que converxen, nunha vista única, o Pindo, Fisterra, o Atlántico e a presa do Encoro de Santa Uxía.
Deste xeito, a mañá do domingo quedaría reservada para a fervenza de Gosofre, que é a que ten unha ruta máis esixente e non apta para persoas que non estean acostumadas ao sendeirismo.
Por orde, os accesos máis fáciles son Noveira, Santa Locaia, Fírvado, Vioxo-Chacín e Gosolfre, se ben a única complexa é esta última.

Máis información

 

Outros RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios