Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O sector turístico

Xose regueira e Xoan Blanco
Xose Regueira, Juan Blanco e Mñonica Rodríguez nas xornadas desenvoltas no Hotel Restaurante Casa Jurjo, na Picota
O sector turístico

A II Xornada de Turismo de Mazaricos celebrada esta pasada tarde de venres puxo en contacto a axentes sociais, empresariais e institucionais do sector de toda Galicia, con especial fincapé nos da comarca do Xallas e Costa da Morte. O principal punto do programa, a Mesa Redonda “Mazaricos e Costa da Morte: Fortalezas e Oportunidades", permitiu o diálogo de expertos vinculados ao turismo dende diversos ámbitos que achegaron experiencias e ideas coas que enriquecer o sector no ámbito mazaricán e costeiro.

Xornada Tecnica Mazaricos

Con carácter previo ás distintas intervencións, proxectáronse dous documentos audiovisuais: o vídeo #IstoéMZ que o Concello lanzou coincidindo coa celebración de FITUR neste 2023 e acadou máis de 100.000 persoas en redes sociais, e un vídeo sobre o proxecto da Senda do Xallas onde poden verse algúns dos seus espazos máis emblemáticos.

Juan Blanco comezou sacando peito do crecemento do sector no seu Concello, sinalando que “a Senda do Xallas será en breve un recurso turístico de primeiro nivel para a nosa comarca e é xa un exemplo do que se pode lograr cando todos colaboramos”.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo no ente provincial, Xosé Regueira, considerou na súa intervención que a Costa da Morte “conta con moitísimas fortalezas á hora de estruturar un turismo de calidade”: experiencias cultural, científico e de natureza, "o Destino Starlight, ou o novo proxecto que presentamos á última convocatoria de fondos europeos relativo ao Xallas-Pindo, que de ser aprobado e unido ao xa concedido d'Os Fogóns de Anllóns, reforzará a posibilidade de diversificar e pór en valor todas as potencialidades turísticas deste territorio"

Pola súa banda, o presidente do GDR, Manuel Muíño, defendeu como unha das fortalezas do destino Costa da Morte “o seu grao de coñecemento” e nomeadamente “o do seu patrimonio”. Puxo en valor a marca Costa da Morte-Terra Atlántica e chamou a unha ordenación do territorio que defina os usos e protexa os espazos de interese paisaxístico e aproveitamento turístico.

Mónica Rodríguez, presidenta de CMAT, puxo como os grandes obxectivos na promoción turística do destino Costa da Morte o recoñecemento da calidade, a desestacionalización e a coordinación co sector privado. Amosou o seu orgullo pola certificación como Destino Turístico Starlight, “un antes e un despois” para o turismo na comarca.

Pola súa banda, Pep Formoso, presidente de APTCM, defendeu unha promoción do destino alicerzada sobre “a identidade, a sustentabilidade, a calidade e a profesionalización”. “Nós somos auténticos”, defendeu como unha das grandes fortalezas do turismo na Costa da Morte fronte a outros destinos internacionais.

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, puxo en valor a mellora no turismo da zona nas últimas décadas e chamou a apostar pola conxunción da paisaxe e a gastronomía. Nunha liña semellante, o vicepresidente da entidade, Jesús Picallo, defendeu que contamos cunha oferta “gastronómica e de aloxamento inmellorable”. “Hoxe a Costa da Morte é un destino preferido”, resumiu.

O xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, expuxo a historia desta granxa ecolóxica de Mesía que diversificou a súa actividade cara á transformación do leite e, máis recentemente, as visitas ao complexo dentro dunha estratexia de potenciación e reivindicación do ecolóxico e o rural. Un “proxecto 360 graos” que considera exportable a outros puntos de Galicia.

Finalmente, os travel bloggers Beatriz Sotelo e Alberto Ribas, de Petiscos Galegos e Alvientooo, deron o seu punto de vista profesional sobre as oportunidades e os puntos a mellorar da Costa da Morte como destino turístico. A aposta pola accesibilidade, a difusión do destino. A diversificación de actividades, como as rutas cicloturísticas, foi outra das ideas postas sobre a mesa que os axentes institucionais escoitaro ne recolleron.

Ao remate do acto, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, agradeceu a participación de poñentes e asistentes e asegurou que “Mazaricos vai continuar medrando e destacándose como un destino referencial, sempre en comunicación con outros territorios da Costa da Morte”.

Posteriormente, compartiuse unha degustación de produtos mazaricáns.

EReunion Turistica Mzaricos
EReunion Turistica Mzaricos

Comentarios