Martes. 10.12.2019
El tiempo

Peluda e Calvo buscan fogar en Salvacadelos dende Mazaricos

Peluda e Calvo buscan fogar en Salvacadelos dende Mazaricos

Chegan dous novos inquilinos a Salvacadelos dende Mazaricos. Pero co bonitos que son seguro que non duran moito e pronto lles atopamos casa, como a precisa camada de Chorente, Muxía, que gracias á rede, puidemos formar ata 5 novas familias.

Desta volta chegan á iniciativa solidaria impulsada pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e QPC, dous cachorriños: Peluda e Calvo, que acaban de cumplir a idade para poder independizarse. Os seus actuais donos non poden ficar con eles (xa teñen 6!!) pero gustaríalles atoparlles un fogar digno onde poinda vivir alegre e desafogadamente.

Cóntannos que os seus tatarabuelos, ou sexa, catro xeracións atrás, eran mastín (pai) e collie (nai). Eles, Calvo e Peluda, son moi dóciles, moi atentos e avisan con excepcional dilixencia de calquera evento no exterior (un coche que estaciona na nosa beirarrúa, unha persoa que se achega ao portal o autobús escolar que se aproxima, pero aínda tres ou catro centos metros da leira, o camión do lixo, etc.).
Unha característica que asombra aos donos é o seu silencio nocturno, salvo que algo ou alguén altere a tranquilidade da vivenda-, xa que entón dispáranse.

Así que no que non o dubides, e amplía a túa familia.

Boby tamén quere un novo fogar

Con tan só uns meses (nado en novembro do 2011), Boby tamén busca fogar en Salvacadelos.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios