#25N: Tarabela Teatro saca á luz á vida erótica das nosas maiores en Mazaricos

13:57 22/11/22
Moitas das testemuñas recollidas por Carmen Conde e Tarabela Teatro para a obra “Tabú” son da Costa da Morte. Mesmo algunhas desas conversas con mulleres entre 70 e 95 anos sobre a súa vida erótica e sexual durante a mocidade son de Mazaricos.
E precisamente a Mazaricos se achega a obra, co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
A cita será o sábado 26 ás 9 da noite a Casa de Cultura da Picota, con Carmen Conde e a música de Astasia Zürcher e Su Garrido Pombo.
Ao remate, repartirase entre as persoas asistentes material da campaña do 25 de Novembro.
Este é o teaser:
OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N
- #25N: Zas enfoca as actividades á rapazada.
- #25N: Carballo pon marcha a creación dunha rede de “puntos seguros” para vítimas de violencia de xénero.
- #25N: O Concello da Laracha sumérxese no Tiktok.
- A Capela do Pilar acolle a proxección do documental "Onde máis doe”.
- O alumnado do IES Fernando Blanco gaña o 1º do Concurso 25N de curtas da Xunta
- #25N: Corcubión centra o foco nos centros de ensino.
- #25N: 3 centros de ensino da Costa participan na ciberquedada da campaña provincial "De Fronte”.
- #25N: A Plataforma “Feminismo en pé” convoca unha concentración en Ponteceso.
- #25N: Coristanco invita ao tecido comercial á campaña ”Nin unha cadeira máis baleira”