Venres. 29.03.2024
El tiempo

#25N: O Concello da Laracha sumérxese no Tiktok

Cartel 25N 2022-Laracha
#25N: O Concello da Laracha sumérxese no Tiktok

A proposta máis novidosa do programa municipal de actividades en torno ao 25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, é un concurso de vídeos en TikTok para concienciar sobre esta problemática social, promover a igualdade de xénero e impulsar a reflexión, a conciencia crítica e, ao mesmo tempo, a creatividade das persoas participantes.

O alumnado do IES Agra de Leborís -a partir de 13 anos de idade- como a calquera persoa maior de idade que estea empadroada no termo municipal da Laracha, poderá participar enviando un único vídeo, sexa individual ou grupal, a través do formulario que estará dispoñible na web municipal alaracha.gal entre o 19 e o 24 de novembro. A temática debe ser a establecida para o concurso, estar realizado na app TikTok, ter unha duración de entre un e tres minutos e incluír o hashtag #alarachaunidafronteasviolencias.

Os vídeos subiranse ao Instagram @xuventudealaracha o 25 de novembro. Aqueles que obteñan máis “gústames” ata o 9 de decembro ás 10:00 horas serán os gañadores de galardóns de 300, 200 e 100 euros.

Máis accións

O evento central será o propio 25 de novembro coa segunda edición da andaina A Laracha unida fronte as violencias machistas na que se convida a participar a todos os públicos. Sairá da Praza do Concello ás 16:30 horas, lugar no que tamén está fixado o punto de regreso tras percorrer unha distancia de cinco quilómetros pola senda peonil A Laracha-Cabovilaño.

Ademais do concurso, haberá un programa especial para os centros de ensino. Nos tres colexios (CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) o alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil e de 1º e 2º de Primaria asistirá os días 24 e 25 ao contacontos Festa, unha contada poética a cargo da actriz Iria Pinheiro baseada no teatro de obxectos no que a diversidade será o fío condutor. Tamén haberá obradoiros de prevención da violencia de xénero que se realizarán durante os meses de novembro e decembro.

Ademais, tres das funcións do programa Venres Teatrais inclúense tamén no programa do 25N pola súa temática. Trátase de Tabú, que xa se realizou a semana pasada, e as obras The Witch e Miss Docet, que se poderán desfrutar na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas os venres 25 de novembro e 2 de decembro respectivamente, con entrada libre e gratuíta.

OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios