Martes. 23.04.2024
El tiempo

#25N: Zas enfoca as actividades á rapazada

  • O xoves ás 19:45 horas proxectarase no Auditorio de Baio o documental "Onde máis doe"; unha produción de Xamalú Filmes. E a continuación, seguirá a intervención da psicóloga do CIM - Centro de Información á Muller - de Zas, Patricia Rodríguez.
 
25N_ConcellodeZas
#25N: Zas enfoca as actividades á rapazada

O Concello de Zas presenta un programa do 25N para desenvolver nos diferentes centros de ensino do noso municipio co fin de loitar contra a violencia machista dende as idades máis temperás.

O programa, deseñado pola Concellería de Muller, Xuventude e Igualdade en coordinación co Centro de Información á Muller -CIM- do Concello de Zas, arranca o xoves 24 de novembro co contacontos teatralizado “O ratiño presumido”, de Trinke Trinke Teatro. Haberá dúas funcións escolares; unha ás 10:25 horas no CPI de Zas e a outra ás 12:45 horas no CEIP Labarta Pose.

As actividades continuarán o propio 25N e ás 10:00 horas realizarase na praza do Concello de Zas unha exhibición de voado de cometas de cor violeta na que participarán as alumnas e os alumnos dos diferentes centros de ensino do noso municipio. Para iso, realizarase nos días previos un obradoiro para a realización destas cometas no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose. Un pouco máis tarde, ás 12:45 horas, terá lugar no IES Maximino Romero de Lema unha charla que leva por título “Dependencia emocional como factor de risco na violencia de xénero” e que impartirá Enrique Delgado Zayas, doutorado en Psicoloxía; e Patricia Rodríguez Villar, psicóloga de CIM de Zas. Esta mesma charla, levarase o día 9 de decembro ao CPI de Zas.

A programación do 25N péchase o 12 de decembro co encontro-debate “Hai saída grazas a ti” que se realizará no CPI de Zas e que conducirá Elsa Rodríguez Prieto, licenciada en Psicopedagoxía.

“Defensa das mulleres”, de Enrique Labarta Pose

O programa do 25N do Concello de Zas inclúe outras campañas de información e sensibilización dirixidas a toda a veciñanza. E por iso, nos vindeiros días colocaranse no Centro Sociocultural de Zas e no Centro Sociocultural de Baio diferentes fragmentos do poema “Defensa das mulleres” de Enrique Labarta Pose.

OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios