Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª

2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª
Muros e Volantes saltan ao Eleuterio Balayo-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

5 equipos xogábanse o descenso na última xornada da 2ª Autonómica, pero todo quedou como estaba. O Volantes necesitaba gañar no derbi ante o descendido Muros, pero os veciños celestes fixeron todo o posible por levalos con eles ata a 3ª Autonómica. E a non ser que o Sofán ascenda na Promoción, ambos serán equipos da 3ª o ano que vén, pois o ascenso liberaría unha praza e deixaría ao Volantes na Liga da Costa. Un Volantes que descende trala súa segunda temporada en 2ª Autonómica, e terceira dende a súa creación.
Así, se o ano pasado había 4 equipos muradáns na Liga da Costa, a vindeira campaña estará só o Montelouro.

Co Volantes descende o Corcubión e o Muros, e veremos se o IDC consegue preparar un proxecto ilusionante.

Por arriba, gran Festa en Corme que non puido completarse con vitoria, pero sin trenecito e verbena pola rúa.

Moitos equipos descansan xa e outros preparan os Oitavos da Copa da Costa.

O Tren do Corme CF-Foto-Edu Cambon

Corcubión - Carnota (1-2)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Checho, Trillo, Serna, Macos (Marcos cadete, min.60), Alán, Toja, Sebas, Lucas (Antón Lestón, min.46), Lema e Mini (Tito, min.46).
  • CARNOTA: Juan, Ferreiro, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pablo Pichín (Andrés Fandiño, min.50), Nakata, Fernando, Adri (Joselu, min.60), Manuel Luís, Rodigo e Pumuky (Elías, min.67).
  • Goles: 0-1, min.11: Ferreiro de penalti; 0-2, min.40: Adri; 1-2, min.55: Lema.

Partido con pouca historia no Cubaleiro, que serve de despedida da temporada para ambos equipos. Dúas temporadas diferentes, cun gran Carnota e un Corcubión que cunha marea de problemas para xuntar efectivos espera que o ano pasado na 3ª sexa máis doado.

A primeira metade foi de dominio do Carnota, que se puxo 0-2 cunha clara vantaxe no marcador. Pero na segunda tiraron de orgullo os de Senra, que mesmo fixo debutar ao cadete Marcos que demostrou non terlle medo a ninguén. Lema recurtou, e houbo varias ocasións pero o balón non entrou.

Rematou así a temporada para ambos equipos, xa apeados da Copa. Iso si, cómpre resaltar a retirada dun dos grandes deste Carnota, un Rodrigo no que se baseu Alfredo Cambeiro para facer esta boísima temporada.

Corme - Outes (0-1)

Foto de familia do Corme co trofeo de Campion de Liga da Costa 2013-2014-Foto-Eduardo
  • CORME: Suso, Manu, Dani, Alejandro, Miguel Torrado (Pandi, min.70), Diego (Josiño, min.55), Juan Chans, Brais, Lucas (Adolfo, min.80), Alejo (Chino, min.80) e Toniño.
  • OUTES: Gato, Rafa, Jura, Chúa, Arturo, Martín, Saúl, Poke, Samu, Migui (Edu, min.81) e Kin.
  • Gol: 0-1, min.80: Chúa.
Corme-Outes-Foto-Diego Lema

Partido marcado pola festas de San Corme CF. I é que a parroquia cormelá quería celebrar o título por todo o alto e xa dende as 15:00h encheu o Cairo de troula. Se cadra o Corme fixo un pouco máis para levar o partido, pero o Outes estivo tremendamente serio, e puido levar os 3 puntos para pechar unha grandísima temporada, batendo marcas con 9 vitorias nos primeiros 9 partidos.

Foi un partido ben bonito, cos dous equipos que, probablemente, fagan o mellor fútbol da categoría. Lanzou Lucas un córner directo que petou no pau do segundo pau e Alejo un remate a bocajarro que parou Gato, que fixo tamén unha parada nunha falta que foi ao longueiro. Tamén Suso parou un penalti a Migui que fallou dende os 11 metros e malio rexeite. Pero no mesmo córner non atrapou o balón e Chúa aproveitou para facer o 0-1 cando corría o minuto 80.

Importante para o cadro cormelá a volta de Pandi e Adolfo, que levaban un par de meses sen xogar, e poderán afrontar a Copa ante o Soneira. O Outes terá tamén uns Oitavos complicados ante todo un Cee.

O Tren do Corme CF

Zas - Mazaricos (4-1)

11 do Zas ante o Mazaricos-Foto-David Castro
  • ZAS: Rizos (Anxo, min.46), Martín, Lagoa (Damián, min.57), Óliver (Fabián, min.54), Víctor Vecino, Canedo, Peke (Pereiro, min.46), Pablo Lestón (Pastor, min.70), David Blanco, Rubio e Isma.
11 do Mazaricos en Zas-Foto-David Castro
  • MAZARICOS: Pejo (Samuel, min.75), Martín (Ramón, min.70), Rodri, Matías, David, Esteban (Casais, min.58), Estéfano, Coxo (Oreiro, min.55), Ricardo, Molinos (José Ángel Xuv., min.68) e Kervin.
  • Goles: 1-0, min.25: Víctor Vecino nun córner botado por Pablo Lestón; 2-0, min.30: Canedo cabecea un saque de banda de Lagoa e o balón entra na portería mazaricana coa inestimable colaboración de Pejo; 3-0, min.45: Rubio aproveita un rexeite de Pejo para sacar un disparo que entra pegado ao poste da portería; 3-1, min.67: Molinos de penalti cometido por Víctor Vecino; 4-1, min.80: David de xogada dende a banda tras un saque de portería prolongado.
  • Expulsión: o amarelo Oreiro no min.89. Gonzalo Javier Volunterio (A Coruña), estivo regular.
Rubio e Matias co colexiado-Foto-David Castro

Partido con dúas metades totalmente distintas o que puidemos ver na tarde do domingo sobre o céspede de San Andrés.
Na primeira parte, o dominio do Zas foi total e xa no primeiro minuto Pablo Lestón avisaría das intencións dos locais tras un saque de banda de Lagoa que o xogador, nado en Gijón, envía fóra por pouco. Mentres o perigo do Sporting chegaba en xogadas combinativas e verticais, ademáis de aproveitar as xogadas a balón parado, o conxunto amarelo trataba de sorprender aos zaenses con contragolpes e transicións rápidas. David Blanco a piques estivo de facer o segundo cun lanzamento á reviravolta que se vai rozando o longueiro. David puido facer o empate do Mazaricos nunha contra pero o seu remate final vaise ao lateral da rede. No minuto 25, Víctor Vecino avisaría ao rematar de cabeza un saque de banda de Lagoa que envía Pejo a córner. Pero, no consiguiente saque de esquina botado por Pablo Lestón, o central do Zas non perdonou e cabecería o esférico ao fondo das mallas. Cinco minutos despois, tamén a balón parado Canedo faría o segundo coa inestimable de Pejo ao cabecear un saque de banda que Lagoa colgou á área. Logo dun pequeño período de transición, antes do tempo de lecer Rubio faría o 3-0 ao aproveitar un rexeite do porteiro visitante.

Na segunda metade, o encontro tivo pouca historia. Moito centrocampismo e escasas ocasións para ambos equipos. Ao cuarto de hora, Molinos intentou recortar distanzas cun lanzamento dende a frontal que atraparía Anxo sen dificultades. E dous minutos despois, Pejo salvaría o cuarto cunha gran intervención logo dun potente disparo de Rubio. Finalmente, Molinos vería portería dende os once metros ao transformar un penalti cometido por Víctor Vecino. E, a sete minutos para o final do encontro, David Blanco resolve con moita tranquilidade no man a man con Samuel para poñer o definitivo 4 a 1.

O conxunto de Iván Cancela cerrou con vitoria unha gran tempada na cal pelexou polo ascenso ata as últimas xornadas, e aínda ten cita ca Copa. Mentres, o Mazaricos a pesar do sufrimento, seguirá outro ano máis na Liga da Costa. Noraboa aos dous equipos.

Zas-Mazaricos-Foto-David Castro

Cee - Camelle (2-2)

  • CEE: Parroto (Paulo, min.45), Nico, Jorgito, Berto (Jaiolo, min.75), Fiuza, Angeliño, Diego Cespón, Josiño, Pablo (Javi, min.10), Yaya (Jacobo, min.68) e Cristian.
  • CAMELLE: Ángel, Javi Rañal, Dido, Adrián de Arteixo, Baliña, Ángel Riveiro, Mario, Miguel Riveiro, Sergio, Adrián da Barca (Varu, min.70) e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.25: Josiño a centro de Nico; 1-1, min.40: Javi Rañal de falta pola escuadra; 1-2, min.60: Sergio; 2-2, min.80: Javi a centro de Nico.
  • Lesión: o meta xuvenil Paulo.

Puido celebrar a sufrida permanencia o Camelle a pesar do empate en Cee. E iso que o Cee prantexou o partido para darlle minutos aos menos habituais, pero o campo fíxose demasiado costa arriba aos camelláns, que estaban desexando que rematase esta máis que complicada temporada.

Comezaba o Cee combinando e tocando ben ante un nervioso Camelle, e abriu o marcador Josiño a un centro de Nico, dos máis activos pola banda dereita. O Cee puido aumentar diferencias pero Cristian, Berto, Angeliño e Diego non estaban afortunados, o Camelle pese a xogarse a vida a penas chegaba á porteria. Pero Javi Rañal facía un golazo de falta antes do descanso.

Os primeiros 10 minutos da segunda do Camelle foron fantásticos, e Sergio puxo en vantaxe aos de Pupus. Pero a última media hora custou e o físico fixo que o Cee dominase por completo, tendo ocasións que tivo que desbaratar Ángel. Pero unha nova internada de Nico acabábaa Javi no punto de penalti para acadar un empate que lle valía ao Camelle pola igualada do Volantes no derbi.

Tócalle descansar a un Camelle que leva unha temporada para poñer nun guión de cine. Agora, o Cee afronta os Oitavos da Copa, mentres o Camelle pode descansar tranquilo.

San Lorenzo - Porteño (1-0)

  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, Adrián, Germán, Rubén, Cachizo, Chucho (David Rey, min.75), Schuster, Dani, Fuentefría (Javi Pensado, min.85) e Juni (Joaquín, min.70).
  • PORTEÑO: Bonano, Gabi, Esteban, Maikol (Rodri, min.60), Caamaño, Doyle, Piti, Óscar, Isma, Brais (Marcos, min.30) e Iago.
  • Gol: 1-0, min.17: Chucho de cabeza nun córner.
  • Lesión: os visitantes Brais e Maikol.
  • Expulsión: o local Rubén no min.70.

Fixo os deberes o San Lorenzo, e salvou, e o Porteño tamén safou a pesar da derrota. Era o choque directo máis tenso, pero o empate do Volantes ante o Muros, e do Camelle en Cee permitía que ambos equipos safasen pases o que pasase en Verdillo.

Foi un partido tenso, trabado, con moito balón aéreo. Marcou pronto, nun córner o cadro local, pero a partir de aí tocaba sufrir. A segunda metade foi de clara cor visitante, pero os de Roski non tiñan o día cara gol, e malia dominar a segunda metade e malia que un empate tería sido máis xusto, o resultado satisface aos dous equipos que manteñen a categoría.

Agora, tócalles descansar a ambos, xa apeados da Copa.

Muros - Volantes (1-1)

11 do Muros contra o Volantes-Foto-Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Gelo, Yanki, Iván, Juanche, Dani, Saúl, Ra, Sexo, Yanki e Pelos.
11 do Volantes ante o Muros-Foto-Jorge Parri
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Miguel, Maikel, Néstor, Ivi, Uru, Edu, Moja, Martín (Martín, min.50) e Nimo.
  • Goles: 1-0, min.4: Dani; 1-1, min.70: Ivi de penalti sobre el mesmo.
O Muros levou consigo ao Volantes-Foto-Jorge Parri

Non puido o Volantes vencer a un Muros que non quería permitir baixar só a 3ª. Os celestes pelexaron cada balón e non permitiron a vitoria laranxa. Arrincaba o partido e, de feito, parecía que era o Muros o que se xogaba o descenso, cun Volantes fóra do partido.

Así, nada máis comezar Dani adiantaba aos seus e o equipo celestes dominaba e combinaba. Varias tivo para ampliar a renda mentres que única ocasión dos laranxas foi para Martín, pero patou Fabio e o seu rexeite era rematado a gol por Ivi, pero o colexiado sinalaba fóra de xogo.

1-0 ao descanso, pero o conto cambiou na segunda, cun Volantes que se decatou do que se xogaba e se foi arriba con todo. O Muros estivo a piques de meter dous córnes directos, mentres que por bando dos de Baño chegaban varias ocasións claras para facer o empate: Nimo tivo nun man a man que foi arriba, Cajulo outro pero un defensa o desestabilizou; Moja tamén fallou e Néstor e Maikel mandaron arriba sendos remates na liña de gol ao saque dun córner.

Era Ivi o que sufría un penalti e o que o transformaba para darlle un empate ao Volantes que non lle vale para nada.

Xa teñen os laranxas a bufanda do Sofán para animalos a conseguir un ascenso que significaría tamén a permanencia dun Volantes que aínda ten a Copa por diante para resarcirse. O Muros, despide unha temporada aciaga.

Se o ano pasado eran 4 os equipos muradáns na Liga da Costa, o Montelouro o único equipo muradán o ano que vén na categoría.

A Afeccion do Volantes non puido celebrar a permanencia-Foto-Jorge Parri

Cabana - Sofán (3-2)

Cabana-Sofan-Foto-Cabana SD
  • CABANA: Añon, Charly, Isma (Raúl, min.72), Jose, Ivan de Treos, Manu Guillamet, Diego (Mario, min.70), Manolo do Cruceiro (Sande, min.63), Eloy Pereira, Josiño (Fernando, min.45) e Berti (Eloy García, min.75).
  • SOFÁN: Lerma, Cantudo, Diego, Seo, Jorge Calvete, Raúl, Iván Rey (Suso Docampo, min.45), Iván Rojo, Martin, Bertín e Leilán.
  • Goles: 1-0, min.38: Manu Guillamet; 2-0, min.43: Eloy Pereira; 2-1, min.50: Iván Rojo; 3-1, min.72: Eloy Pereira; 3-2, min.80: Martín.
O Cabana homenaxeou ao seu cadete Manu-Foto-Cabana SD

Non podía fallar o Cabana, que dependía de si mesmo para salvarse. E respostou o cadro de Periscal, e acadou unha vitoria ante todo un Sofán, o 2º clasificado, que buscará ademais o ascenso á 1ª Autonómica na Promoción, e de paso liberar unha praza e safar do descenso ao Volantes.

Arrincaba o partido coa homenaxe ao xogador cadete do Cabana Manuel, que foi operado recentemente. O pasillo dos dous clubes serviu para facerlle entrega dun par de agasallos, que lle deu un emocionado Fernando de Canduas, o míster de xuvenís.

O balón era dos visitantes, pero non tiña profundidade ante un Cabana moi ben plantado. E as mellores ocasións eran para os locais. Manu Guillamet e Eloy Pereira abrían o partido no último treito da segunda. O Sofán saía con máis forza na segunda e pronto recurtaba. Pero non se descompuxeron os cabaneses, que co gol de Eloy Pereira viron a salvación na man.

Buño - Fisterra (2-1)

  • BUÑO: Juan, Ángel (Fran Borrazás, min.46), Rubén, Iago, Diego, Dani Calvete, Gurita, David Dourado, Pedro, Elías (Charro, min.46) e Antelo.
  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Javi, Manuel Cartamil, Breixo, Sergio Manín, Gabi, Adrián, Naranjo, Isma Leis e Alex.
  • Goles: 0-1, min.7: Naranjo; 1-1, min.11: Rubén; 2-1, min.60: Antelo.

Cun equipo cheo de xuvenís presentábase o Fisterra en Buño para pechar esta temporada, que se pode calificar de relativamente boa para ambos. Pouco que contar dun partido falto de tensión, con bo fútbol por momentos e moitas ocasións nas dúas áreas.

Ambos preparan xa os .

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios