50 anos da Cabalgata muradán nun especial

Os 50 anos da Cabalgata de Reis de Muros concentrados nun número especial dunha revista dixital. Esa foi a razón do acto de presentación do número especial da revista dixital "The Muros Times". Hai uns días presentaran un dous números especiais adicados ao patrimonio muradán, e desta volta tocou lembrar este máxico evento, preparando esta emotiva data.
Participaron Manuel Lago, Juan Jesús Gestal, Santiago Fernández e Manuel Jesús Formoso, e nada mellor que ver o vídeo da presentación para decatarnos da potencia que ten esta publicación que nacía da man dos emigrantes muradáns nos EEUU, e que xa ten unha incidencia impresionante no mundo cultural local:
Especial Patrimonio Muradán de The Muros Times
Aproveitamos para deixar tamén o especial de patrimonio, para que vos decatedes do nivel destas publicacións.
Novas relacionadas
- A cabalgata de Reis de Muros celebra o seu 50 aniversario.
- Muros volta a mirada á súa historia mariñeira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).