A Muerte con Terbutalina


Estamos estas semanas que botamos a música por todos os poros da Costa. Que se en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez, ou co Rebumbio da Costa Asosiasión Cultural. E hoxe toca falar duns dos grupos máis punteiros da bisbarra, xa con varios anos de punki ás súas costas.
E están a piques de presentar en directo o seu novo traballo. Se ben xa podedes descargar o album "A Muerte" de balde no bandcamp, o seu é velos, gozalos, berralos en directo. E para iso podedes achegarvos o vindeiro venres 7 de marzo á Sala Capitol, o templo musical do país.
Clara e directa a mensaxe de A Muerte, e proba é o teaser que presentan cunha clara referencia ao "dereito á vida" que promove a dereita española:
Un Sorteo para acabar tirado
E os compañeiros muradáns non queren que á Festa falte un só fan costeiro. E para iso queren agasar cun sorteo, que ten o claro obxectivo de "que acabedes no chan!!"
O Sorteo Acabar tirado sortea 3 vales de 20€ en consumicións para esa noite na Sala santiaguesa. Só tes que mercar a túa anticipada n'A Reixa Tenda, envíar o teu nome completo e mais o número da túa entrada a: acabartirado@terbutalina.net ou a través de mensaxe ao noso Facebook. Así poderás presentarte ao sorteo antes do xoves 6 de marzo ás 20.00h.
Con temazos frenéticos coma este, e con míticos como Quero ser unha filloa, nos farán bailar e suar!
Máis información
- BandCamp de Terbutalina
- www.terbutalina.net.
- Blog de Terbutalina.
- Facebook Chamámonos Terbutalina.
- Twitter Terbutalina.
- MySpace de Terbutalina.
Novas relacionadas
- O novo disco de Terbutalina preséntase o 7 de marzo.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- O Rebumbio da Costa comezará a faserse oír con concertos en Camariñas e Corcubión.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
- Xira Funeraria con Terbutalina.
- O poeta punki.
- Os Terbutalina reparten Hostias para todos.
- Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego.
- Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora.
- Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).