Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Ximiela volverá levar a cultura galega a New York

A Ximiela volverá levar a cultura galega a New York
A Ximiela vestida de Gala en NY A Ximiela vestida de Gala na súa última visita a NYC

O ano pasado conquistaron a 5ª Avenida, e este ano queren volver á Gran Mazá para deixar unha boa pegada de cultura galega.

Volve a Agrupación Folclórica Ximiela de Louro (Muros) a New York. E faino porque a súa Banda de Gaitas foi oficialmente invitada para participar no vindeiro desfile de San Patricio que se celebrará o 17 de Marzo de 2016 da capital. Malia que a nova xa era coñecida polos membros da asociación dende fai uns meses, xa que foi o Círculo Español de Queens quen facilitou todalas xestións necesarios a través do seu presidente, Srr. Ribeiro, foi esta pasada semana cando a presidenta da Agrupación, Dna. Manela Pais, e o socio de honra da Agrupación, Sr. D.Tono Beiro, recibiron de man do coordinador do desfile, Sr.D. Tony Sánchez, a invitación que acredita á Agrupación Folclórica Ximiela, para participar oficialmente neste evento, representando en primeiro lugar ao lugar de orixe, Louro, o Concello de Muros, a comarca da Costa da Morte, e en definitiva a Galicia.

Será nunha cita na que participan mais de 150.000 persoas desfilando pola 5ª Avenida, e cun público estimado de 2.000.000 de espectadores en directo a parte de ser retransmitido pola televisión.

”Para a Asociación, é unha oportunidade única e irrepetible, e aínda que Ximiela xa ten actuado en innumerables ocasións fora das nosas fronteiras, supón un premio ó traballo e o esforzo colectivo de tódolos membros da Asociación poder participar neste evento de calado mundial, así coma poder actuar en distintas casas galegas e círculos españois da citada cidade norteamericana”, entenden dende a entidade.

Accións singulares para sufragar os gastos

Imaxe do Calendario da Ximiela Imaxe do Calendario da Ximiela

Para poder levar a cabo este propósito, dende a Asociación levan traballando moi duramente durante os últimos meses, organizando distintas actividades, seráns, rifas, actuacións, e diversos eventos co fin de recaudar os fondos necesarios para poder sufragar os gastos da viaxe. Proxectos coma un calendario con fotos dos membros do grupo nas distintas situacións cotiáns de cada mes, que xa o ano foi un éxito de vendas, e que nesta ocasión xa acadou as 1000 unidades. Un Calendario que se pode atopar nos Café - Bar Sahorta (Louro), Barbería Maruxa (Muros), a Casa do Mar de Muros e o Bulideira Traxe Tradicional (Santiago).

Nesta mesme liña de busqueda de “autofinanciación” o próximo día 9 de xaneiro, estrearán no Teatro Principal de A Estrada (Pontevedra) unha gala sobre música e baile tradicional titulada “A ruta do sal”, na que participan 60 membros da asociación, da cal xa están as entradas a venda a 5€.

25 anos de folclore

A Asociación Folclórica Ximiela, leva traballando de forma exhaustiva pola difusión da nosa cultura tradicional, proba delo son xa os 25 anos de vida do grupo, que fai 3 anos certificaron cunha gala especial, reunindo unha grandísimo numero de participante e espectadores, editando ademais un DVD da mesma. Así mesmo, a Asociación Folclórica Ximiela, editou en 2007 un CD en colaboración coa Fundación Paideia, e o libro “A indumentaria tradicional galega - O traxe de Muros”, en colaboración coa Deputación de A Coruña. Dende fai máis de 10 anos, a Asociación Folclórica Ximiela están dirixidas por Pablo Seoane, acadando numerosos premios e galardóns en distintos concursos e festivais, así como a participación nos mellores festivais, como cando a Banda de Gaitas “Ximiela” foi convidada a participar no prestixioso “Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira”.

Ximiela Ortigueira A Ximiela en Ortigueira

Novas relacionadas

Novas da Costa en NY

“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar

Fonte

Comentarios