Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muros, exemplo de xestión da crise dos microplásticos para o Parlamento Europeo

Maria Lgo e Ana Miranda na AM Reunión comisario
Maria Lgo e Ana Miranda con Virginijus Sinkevicius
Muros, exemplo de xestión da crise dos microplásticos para o Parlamento Europeo

Malia que as primeiras boliñas apareceron pola Barbanza, foi a chegada á praia de Area Maior o 3 de xaneiro o que lanzou a alarma a toda Galicia. Ademais, a xestión do Concello de Muros, primeiro denunciando conxuntamente con outros concellos a inacción de Xunta e Goberno central, sendo o primeiro Concello en conseguir un convenio coa asegurada da empresa armadora que permite ter preto de 50 persoas, da vila, traballando na recollida de microplásticos, faille ser o km.0 desta catástrofe medioambiental.

Así, non é estrano que fose a súa rexedora, María Lago (BNG), a que viaxase onte como única representante dos concellos do país, ata Estrasburgo para expoñer no Parlamento Galego como foi a súa xestión ante a marea de microplásticos. Lago, convidada polo grupo dos Verdes e pola eurodiputada do BNG Ana Miranda, participou antes do pleno nunha reunión co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, o lituano Virginijus Sinkevicius.

Maria Lgo e Ana Miranda na AM Reunión comisario Estrasburgo

“O primeiro é limpar as praias e solucionar a actual crise, pero o comisario manifestounos a necesidade de incrementar os controis sobre o tráfico marítimo de mercadorías como os pélets, co obxectivo de evitar no futuro problemas similares”, explica Lago. “Tiven ocasión tamén de trasmitirlle a necesidade de que as autoridades europeas miren máis e coiden o sector pesqueiro galego, agradecendo a receptividade ás miñas demandas pola súa parte”, engade a alcaldesa.

”É fundamental que a Comisión adopte medidas estritas que melloren a seguridade do transporte, incluído o marítimo”, pediu tamén a combativa Ana Miranda.

Máis novas

Comentarios