mércores. 04.12.2024
El tiempo

As Asociacións, protagonistas hoxe dun faladoiro no Muros Consciente

Muros Consciente-exposición en locais baleiros que foi visitada por alumnos dos colexios de Muros
O programa inclúe unha exposición en locais baleiros que foi visitada por alumnos dos colexios de Muros
As Asociacións, protagonistas hoxe dun faladoiro no Muros Consciente

O programa ‘Muros Consciente’ do Concello de Muros, enfocado este ano á concienciación e fomento dunha economía circular e uns hábitos de vida sustentables, celebra hoxe, venres 29, o seu I ‘Microfaladoiro’.

Será no Mercado de Abastos de Muros ás 20:30 horas, onde sete asociacións do concello “presentarán, de forma dinámica e orixinal, as súas actividades e aportacións á nosa sociedade e ao estilo de vida sustentable”, explica a alcaldesa, María Lago.

As asociacións participantes este ano son: Serres Runners, Ximiela, Asociación de Mulleres do sector pesqueiro, Comunidade de montes de Esteiro, Castelo Rock, Asociación Anajata e Mulleres Rurais de Abelleira.

Despois da presentación das asociacións, haberá un concerto do grupo Esbozo, nun evento que contará cunha barra para tomar algo e un stand de cada asociación.

Tras o éxito do ano pasado, “poñéndolle cor ao Black Friday no comercio de Muros”, este ano ‘Muros Consciente’ centrase na economía circular en sectores como a hostalaría.

A alcaldesa destaca “a implicación nesta iniciativa do comercio, a hostalaría, a comunidade educativa e a veciñanza de Muros en xeral”.

Máis novas

Comentarios