As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional
Coincidindo con fin de ano xa avisaran. Pero acaba de facelo público a Delegación do Goberno en Galicia: As Carrilanas de Esteiro son declaradas Festa de Interese Turístico Nacional, tal e como asinou hoxe o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés.
Dende o goberno estatal recoñecen que o Gran Prix das Carrilanas de Esteiro é unha das grandes citas do calendario festivo galego, destacando a orixinalidade dos “autos tolos”.
A cita nacía 1988, gracias a ese grupo de veciños que quería recuperar as festas patronais da parroquia, as festas de Santa Mariña, que non podían competir economicamente coas festas dos pobos veciños vinculadas á Virxe do Carmen, patroa dos mariños, e que se celebran tamén a mediados de xullo
As carrilanas, ese xoguete de postguerra tan típico nas casas das vilas, foi a seña de identidade desta nova desta, na que o “O Gerente” foi parte fundamental. Tanto para mantela viva facendo ese descenso pola costa do Maio, como para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2000. Hoxe en día, máis de 30.000 persoas visitan o lugar de Esteiro durante a fin de semana de celebración.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2021: As Carrilanas de Esteiro, camiño da Festa de Interese Turístico Nacional.
- “O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.