20 bandas para celebrar os 20 anos do Castelo Rock

Conta os días Muros para o Festival Castelo Rock 2024. Esta mañá tivo lugar o acto de presentación desta vixésima edición do festival que encherá de boa música a vila muradá durante 3 días.
Un total de vinte bandas pasarán polo porto muradán nestes tres días, dando lugar edición máis ambiciosa posto que dende a directiva queren dar a importancia que para eles ten cumprir vinte anos e manter a esencia do inicio do Festival.
O Casteliño
Unha das grandes novidades é o comezo, que será o xoves 25 de xullo, co Casteliño Rock, día no cal os máis pequenos serán os protagonistas da xornada, presenciando as actuacións de Ce Orquestra Pantasma, Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk Paiaso e Brais das Hortas co seu espectáculo Concerto Punkinfantil. Eles serán os encargados de que os máis pequenos desfruten da xornada adicada a eles. As actuacións terán lugar na praza do concello de maneira gratuita.
Venres e sábado de candela
Xa na xornada do venres 26, os grupos que pisaran o escenario vibra mahou da praia do Castelo serán Koma, The Last International, Missconduct, Terbutalina, Archivo Adxunto e Catalina Grande Piñon Pequeño, os encargados de dar comezo as actuacións no escenario principal estando tamén presente a Duendeneta para amenizar entra bandas e tamén na sesión vermú do venres.
E a xornada grande, a do sábado 27, estará chea actividades durante toda a xornada, co fútbol casteliño, a actuación de Brais das Hortas co espectáculo “Consertaso na horta”, a do Orfeón Vila de Muros, A Pelo, os Festicultores Troupe, e tamen a Duendeneta.
Para a gran noite, o prato forte estará formado polas actuacións de The Baboon Show, Segismundo Toxicómano, The Mysterines, Trapos Sucios, Tecor Societario e Agoraphobia e non faltará a Duendeneta para amenizar entra bandas.