domingo. 08.12.2024
El tiempo

Os 20 anos do Festival Castelo Rock celébranse cos Trapos Sucios

Festival Castelo Rock de Muros 2024-Cartel. completo
Os 20 anos do Festival Castelo Rock celébranse cos Trapos Sucios

Xa tems data para a XX Edición do Festival Castelo Rock. O festi máis cañeiro da comarca cumple 20 anos. O que empezou cun pequeno concerto na praia do Castelo agora é unha das referencias a nivel estatal e materia de rock nacional. Os 26 e 27 de xullo, a vi´a de Muros volverá recibir xentes de toda a península para berrar temas míticos e máis modernos de catro bandas internacionais, catro bandas estatais e catra bandas galegas.

É o segundo ano da nova directiva da Asociación sen ánimo de lucro A.C.R.D Praia do Castelo, e para celebrar o 20 aniversario vén de preparar unha gran sorpresa para a comunidade local. A volta dos Trapos Sucios ao escenario. Será unha única actuación tras #10anosensilencio pero servirá para que a mítica banda muradá poida despedirse de verdade dos seus fans.

As bandas

The Mysterines, Misconduct, The Last Internationale e BaboonShow son as bandas internacionais que pisarán o porto muradán.

A nivel estatal chegan o mítico vasco Segismundo Toxicómano, os navarros Koma, ou os leoneses Catalina Grande Piñón Pequeño co seu “punk fandango”.

Pero o festival terá especial interese nas bandas galegas, e mesmo da comarca. Ademais dos Trapos Sucios, tamén estarán os xa míticos Terbutalina. Estes muradáns que acuñan un estilo musical arraigado en todo o país, subirán de novo ao escenario da súa casa. Tamén estarán os veciños Archivo adxunto, co seu recén estreado traballo de “punky zapatilla”.
Completan o trío muradán Orfeón Rock Style do Orfeón Ría de Muros, que repiten o lío que montaron o ano pasado.

Do resto do país tamén chegan varias bandas, como as boirenses Agoraphobia, co seu indie-rock; A Pelo, o tributo ferrolán a Platero y tú; os ourensáns Festicultores ou o que é o mesmo, o pasarrúas máis divertido do país; e Tecor Terciario, grupo compostelán que mestura rock e folk.

Entradas á venda

Xa podedes facerte cun abono en www.castelorock.gal ou wegow por 37,5€ + gastos de xestión.

A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado,polo que se recomenda comprar a entrada con antelación.
Este ano, o Festival Castelo conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo.

Máis novas

Comentarios