Luns. 29.04.2024
El tiempo

O muradán Ángel Piñeiro, canteira do Castelo Rock, recoñecido como un dos mellores Xefe de Produción musical

Angel Pineiro Muros Castelo Best Production Manager
Angel Pineiro Muros Castelo Best Production Manager
O muradán Ángel Piñeiro, canteira do Castelo Rock, recoñecido como un dos mellores Xefe de Produción musical

Moito nos presta que a canteira musiqueira de Muros colleite éxitos. O conxunto formado entre a Escola de Música de Muros, a Sala Nasmo, e festivais como o Castelo Rock ou as Carrilanas, fan do Concello muradán unha potencia na materia. Así o vemos coa chegada ao estrellato estatal de bandas como Terbutalina ou The Rapants. Pero non non enriba dos escenarios triunfa a industria da música muradá, tamén no backstage, como o comprobamos co recoñcemento que lle fixeron a Ángel Piñeiro pola Access All Areas Magazine (UK), como un dos mellores xefes de produción do mundo.

Foi Frankie Tee, de EnTEEtainment Ltd WINNER, a que levou o primeiro premio pero o muradán foi o único finalista na categoría de Best Production Manager destes premios especializados da revista internacional.

O mebro de Bring The Noise ten deixado a súa pegada como Xefe de produción do Resurrection ou o Son do Camiño entre outros moutos.

Piñeiro leva relacionado coa produción musical dende hai máis de 16 anos, pero a súa vinculación co mundo da música xa arrincara moito antes como voluntario e directivo na A.C.R.D. Praia do Castelo, durante 10 anos (de 2007 a 2017) para que saíse adiante o Festival Castelo Rock. Esa experiencia deulle unha profesión, que moldeando dende aí, estudando un máster de Experto Universitario en Xestión Cultural, facendo as prácticas no Resurrection Fest de Viveiro. Unha vez rematadas as prácticas, entrou a traballar directamente para Bring The Noise (2018), empresa encargada de facer algúns dos festivals máis importantes da península. (O Son do Camiño, Resurrection Fest, Tsunami Xixón, Morriña Fest, Caudal Fest…)

”Non podería imaxinar a miña vida sen música. Podo decir que escoitei música dende que teño recordos na miña memoria. Polo que cando este camiño comezou, sabía que este sería o meu estilo de vida”, explícanos. “Participar no evento máis pequeno ata chegar as maiores producións do mundo, ensinoume como tratar con todas as situacións dentro dunha produción”.

A súa labor de produción céntrase en “xestionar equipos de traballo, dando unidade e facendo a todas as persoas sentirse parte importante do que facemos”.

Lembra con orgullo ter traballado con algúns dos maiores artistas do mundo, dende Rammstein a Lenny Kravitz, pasando por David Guetta, Rosalía, Alt-J, Slipknot, Scorpions, Kiss, Judas Priest, Iggy Pop, Ghost, Liam Gallagher e moitos máis.

Un dos seus últimos fitos foi producir o último concerto da carreira de Slayer en España. “Fixemos o concerto Na metade dunha tormenta eléctrica, for épico, aínda que foi aterrador ao principio, unha vez que soubemos que a tormenta marcharía e que poderíamos continuar con todo o mundo a salvo, volveuse un dos momentos máis icónicos do Resurrection Fest”, relata.

A día de hoxe xa é formador no propio master que estudiara previamente na Universidade de Santiago de Compostela. “É especial cando podes compartir a túa experiencia coa xente que está comenzando a súa carreira profesional e sobre todo despois de ter percorrido o mesmo camiño”.

Recoñece que despois da pondemia “a música en directo volveu ainda máis forte” e considera “moi satistactorio cando ves que o teu traballo axuda a outros poidan ser máis felices. Por isto, recibir un recoñecemento como áltamente eloxiado mellor xefe de produción, é un orgullo e unha satisfacción”, conclúe.

Aquí deixamos unha entrevista que lle fixeron o ano pasado os seus compañeiros da Praia do Castelo:

Máis novas musiqueiras

Comentarios