Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un prezo demasiado alto para a Escola Infantil de Esteiro?

Un prezo demasiado alto para a Escola Infantil de Esteiro?
Rede de escolas infantís Galiña Azul

No 3º punto do pleno que tivo lugar o pasado xoves en Muros debatiuse e votouse unha proposta de alcaldía sobre a Escola Infantil de Muros. Un proxecto sobre o que a Xunta de Galicia esixe ao concello de Muros a que este se comprometa a aportar 410.000 € para a construción da Escola Infantil e a asumir os gastos de funcionamento desta unha vez construída.

Unhas esixencias que o grupo de Compromiso por Galicia-Muros considera "abusivas para un concello que manexa un orzamento darredor de seis millóns e medio de euros".

Así e todo, a moción saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno, e a abstención de CxG, ao falaren dunha obra moi necesaria para o Concello.

Pero así e todo, a voceira de CkG María Xosé Alfonso solicita certa información da alcaldesa.

  • Saber se hai un informe de intervención que diga se o concello pode asumir estes gastos e como vai facer frente a eles, se nunha anualidade ou en varias.
  • Ver a proposta de convenio que a Xunta de Galicia lle fai ao concello de Muros e na que parece ser se reflexan estas condicións para o concello.
  • Saber de que outras partidas se vai sacar esta enorme cantidade de cartos, pois no orzamento 2013 non hai nada incluído para a Escola Infantil.
  • Saber se hai feita polo concello ou pola Xunta unha previsión de canto van ser eses gastos de funcionamento que vai ter que soportar o concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CxG.

Comentarios