Venres. 18.06.2021
El tiempo

Denuncian o Proxecto Eólico de do Cabazo pola súa afectación á Lagoa de Louro

Parque Eolico do Cabazo en Carnota e Muros
Mapa do Proxecto Eólico do Cabazo, sito en Carnota e Muros
Denuncian o Proxecto Eólico de do Cabazo pola súa afectación á Lagoa de Louro

A pesar do rexeitamento social amosado en accións como a manifestación do pasado sábado en Compostela, o novo impulso eólico continúa asolagando a Costa da Morte de proxectos eólicos. Xa coñecimos os 40 proxectos que promove a Xunta, e outros 4, que pola súa dimensión, son aprobados dende o Ministerio como o de Pedrabante, os de Orzar, Tornado e Berdoias.

Hoxe coñecemos de preto, e o facemos gracias a entidades medioambientais como Petón do Lobo, ou Monte Pindo Parque Natural, o proxecto do Cabazo. Un parque promovido pola multinacional Green Capital Power, SL, para instalar 9 aeroxeradores de 200 metros de altura, de 5,6 MW de potencia nominal unitaria (xuntos superan os 50 MW) nos concellos de Carnota e Muros (as liñas de alta tensión de evacuación enerxética tamén afectarán a Mazaricos).

O parque afectará á superficie forestal de montes de Aguillóns e Vallóns, Pedramarrada e Carrofeito de San Mamede, o Monte Cadaval e Ruña, o monte de Torea, aos de Figueiroa Cornes, aos de Louro e Mean, Oroso, Naraio, Baño e Tigia, e tamén aos de Mallou, Maceiras, Sieiras, e Lestín de San Xián e Sestaio de Lira.

Para as entidades medioambientais o proxecto terá unha “afección severa e incompatible coa Rede Natura”,, con concretos “prexuizos irreversibles para a zona de protección especial dos valores naturais Monte e Lagoa de Louro”; nunha zona con doble protección especial:
-ZEC e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Monte e Lagoa das Xalfas de Louro.
- ZEC e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Carnota-Monte Pindo.

As entidades lembran a cantidade de aves migratorias que pasan pola zona, pero tamén recordan a afectación paisaxística nunha paisaxe promovida turisticamente mesmo pola Xunta. Destacan igualmente a importancia xeolóxica do Monte de Louro, por ser considerado un “inselberg, ou monte que destaca nunha chaira, granítico rodeado dunha plataforma de abrasión”.

Do mesmo xeito que acontece co resto de proxectos aprobados neste novo impulso, non se avalía o patrimonio inmaterial.

Petón do Lobo ten preparado unhas alegacións que podedes descargar e presentar.

Foto de Turgalicia promovendo o turismo na lagoa das Xalfas

NOVAS SOBRE EÓLICOS

 

comentarios