Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Empapándose do espírito #AugaeSal

Auga e Sal con Xose Regueira 1
O proxecto estreou unha maqueta da vila
Empapándose do espírito #AugaeSal

Continúa en marcha, silenciosamente, o proxecto de “Muros. Vila de Auga e Sal”. Unha iniciativa que trata de ensinar a vila dun xeito distinto ao dos operadores habituais, sen presas, de xeito accesible, poñendo o foco no tanxible e no intanxible para que o visitante recoñeza o valor do patrimonio mariñeiro, relixioso e patrimonial.

Onte recibiron a visita de Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, que deixou “ruborizados” aos membros da Asociación promotora cos seus eloxios, unha vez que o conseguiron empapar do “espírito #AugaeSal”.

Porque unha das razóns da visita era compartiros obxectivos a curto prazo, pero tamén as dificultades ás que se enfronta unha asoc. soc-cultural sen ánimo de lucro como “Auga e sal" para saír adiante, para ir sacando, pasiño a pasiño novos proxectos. Como a impresionante maqueta da vila que estrearon onte co gallo da visita. “Que nós saibamos, é a primeira que se realiza, e mostra elementos case desaparecidos coma a antiga muralla medieval, a fortaleza defensiva, a vella torre arcebispal, as casas cravadas na area,... así como edificios máis recentes e outros antiguos pero co seu aspecto actual”, explícanos Monste París.

Cómpre destacar tamén desta maqueta o seu carácter interactivo, que permite colocar e retirar algúns elementos e enfatizar así a comparación pasado-presente. “Para o nosa satisfacción, Xosé Regueira mostrou vehementemente moi boa impresión do traballo da asociación e do patrimonio que mostra, así como da súa visión do turismo cultural e da forma de desenvolvelo”, sinala unha abrumada París.

Durante o acto non faltaron a concelleira de cultura María del Carmen González, o recoñecido cociñeiro e presidente da Asoc. Turístico Ría da Estrela, Pepe Senande: varios membros da directiva de Auga e Sal comandada por Alfonso Mera; e outros convidados do sector da Hostalaría e servicios que cada ano colaboran dalgún xeito con "auga e sal".

Auga e Sal con Xose Regueira 3
Monste París e María Simil con Xosé Regueira

Máis información

 

Novas relacionadas

 

Comentarios