Luns. 14.10.2019
El tiempo

O IES Fontexería celebrou “Trinta” anos de Semana Cultural

Presentación sobre futbolín na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros
Presentación sobre futbolín na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros
O IES Fontexería celebrou “Trinta” anos de Semana Cultural

Menuda Semana Cultural a que viviu o IES Fontexeria de Muros. E non era para menos, pois tocaba celebrar os “Trinta” anos desta proposta que trata de romper o día a día dos libros con propostas do máis interesante.

A Semana comezaba o pasado luns 8, coa representación teatral de "Golpes", que trata o tema da violéncia de xénero, unha interesante palestra sobre a edición xénica a cargo do profesor da USC Miguel González Blanco e outra sobre o aceso á universidade por Celso Míguez da CIUG, á que tamén estiveron convidadas as famílias do alunado de bacharelato.

Ademais o alumnado puido gozar dunha xornada sobre a história do futbolín, coordenada por várias alumnas de 2º de bacharelato, unha xornada sobre tecnoloxia a cargo de AMTEGA-Altia, unha xornada do programa Pantallas Amigas sobre acoso e violéncia de xénero no contexto dixital, finalizando coa actuación do Mago Teto que presentou a sua "Incrible Historia da Maxia”.

O martes tocaba visita a Fisterra dentro do programa "O sabor da aventura está no mar”. Á volta, unha nova palestra da USC a cargo do profesor Xosé Pardo López baixo o título de "Como ven as máquinas?”. Houbo tempo para os monólogos en inglés de Flora Sambade; para presentar a exposición dun proxecto empresarial por parte do alunado de 2º de bacharelato; para desenolver un obradoiro de igualdade no CEIP Ramón de Artaza xunto co alumnado de 4º de ESO; unha xornada sobre Empoderamento feminino e novas masculinidades; e, para finalizar, unha xornada de portas abertas con experiencias manipulativas no Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

O mércores foi a quenda de varios obradoiros (Cerámica e Viveirismo, coa presenza de ADISBISMUR, e Fabricación de obxectos con resíduos a cargo de ADEGA). Tocou tamén aprender de toponimia cunha sesión co académico Vicente Feijoo; e sobre Economia Circular, coa Asociación Galicia Ambiental, ademais da sesión Enerxía con Conciencia. As citas máis divertidas foron os concursos (Big Challenge e Falácias).

Sesion de diversidade con Integro na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros
Xornada sobre diversidade con Adisbismur

Gran Día da CienciaGran Dia da Ciencia na Semana Cultural do IES Fontexeria

O xoves foi o gran Dia da Ciencia, no que se presentaron arredor de duas dúcias de experimentos e técnicas elaborados e explicados polo alumnado de Bacharelato, e que foron expostos a todo o alumnado do centro e a varios grupos convidados do CEIP Ramón de Artaza e do IES As Insuas

Tiveron taména sesión de xogos e deportes inclusivos, coa colaboración de ADISBISMUR. Nela, 50 [email protected] do centro sufriron en primeira persoa a diversidade e practicaron durante  actividades deportivas como un circuíto que tiñan que percorrer cos ollos tapados, basquet en cadeira de rodas adaptadas, circuíto de bicicletas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, volei en cadeira de rodas e fútbol cos ollos tapados e cunha pelota sonora.

E completaron a sesión do xoves con obradoiros de substitución de tóxicos no fogar, de novo con ADEGA e unha sesión sobre fotografia do mundo.

E xa o venres tivemos ocasión de despedir a Semana coa presenza do senegalés Djibril Fayé, da ONG Ecos do Sur, que falou de economía internacional e movrmentos migratórios, así como a fantástica masterclass e posterior actuación de Mounqup. Os actos de clausura contaron ademais coa interpretación de pezas musicais por parte do alunado de Música e Francés, entrega de premios e agasallos e peche dunha Semana Cultural que, na sua trixésima edición resultou ser todo un éxito, grazas ao traballo e colaboración de toda a comunidade educativa.

Djibil de Ecos do Sur no IES Fontexeria

Novas relacionadas

Comentarios