Luns. 29.04.2024
El tiempo

O IES As Insuas celebra os seus 25 anos cunha excepcional Semana Cultural

TRIPTICO SEMANA CULTURAL 2024 IES AS INSUAS 1
O IES As Insuas celebra os seus 25 anos cunha excepcional Semana Cultural

O IES As Insuas de Muros retoma a celebración da súa semana cultural no mesmo ano que fai 25 que foi inaugurado. Mediado o mes de abril diversas actividades alternativas encherán as súas aulas e o alumnado terá ademais ocasión de facer algunha visita pola contorna. Honrarase de xeito específico a cultura nas súas máis variadas expresións. Non podía ser menos no instituto de Xosé Agrelo Hermo, un dos maiores activistas culturais que houbo na Ría de Muros e Noia.

"Nestes días o alumnado das Insuas será aínda máis protagonista da súa aprendizaxe, recibirá o sopro vital da cultura enredado na ledicia primaveral e tamén terá ocasión de amosar o seu inmenso talento", apuntan dende este centro que incrementa así o esforzo na oferta cultural, como fixera coa creación dunha nova revista escolar.

Algunhas actividades estarán centradas no mundo helénico (porque Atenas será o destino da viaxe de fin de curso de 4º ESO), mais tamén será claro o predominio da temática mariñeira, como vén sendo habitual. Ademais haberá oco para a divulgación musical, astronómica, literaria

Nada do científico nin do humanístico será alleo nesta semana especial que comezará na primeira hora do luns 15 coa conferencia inaugural de Manolo do Río, “O infindo nunha casca de noz”, e rematará o seguinte luns, día 22, pola tarde, con “Amar o mar”, un encontro cos xa ben coñecidos mariñeiros e divulgadores medioambientais Rogelio Santos e María Maceiras.

Comentarios