José Manuel Bermúdez Siaba amplía a súa obra sobre a historia de Muros

Continúa publicando e publicando libros José Manuel Bermúdez Siaba. O escritor muradán vén de sacar o seu novo traballo, “Muros, historia viva”. Trátase dunha segunda edición ampliada e mellorada da súa obra “Muros, un mar de historia”, presentado en 2014. Neste novo traballo o autor faise eco do acontecer do seu concello ao longo dos séculos, aportando nova información, algunha inédita, e centrándose tamén no presente. Aporta tamén datos actuais sobre a cultura, a natureza e o patrimonio arquitectónico é histórico de Muros.
”É un compendio de acontecementos que forxaron a historia deste concello, desde a prehistoria ate a máis recente actualidade. Nel pódese atopar información a cerca das vicisitudes polas que pasou a vila, persoeiros destacados do concello, datos interesantes e inéditos e información actual, a modo de guía, sobre a cultura, natureza e patrimonio da vila de Muros e as súas parroquias”, cóntanos o propio autor, que leva máis dun ano traballando nel, e contaba telo sacado xa en maio.
A obra está dispoñible nas librerías a partir desta semana.
Novas relacionadas
- 2018: O escritor muradán José Manuel Bermúdez trasládanos a Palestina coa súa última novela.
- 2015: O muradán José Manuel Bermúdez ponse de irmadiño na súa cuarta novela.
- 2014: José Manuel Bermúdez presentou o seu terceiro libro na casa.
- 2013: Muros segue volcado cos libros e presenta Un mar de historia, de José Manuel Bermúdez.
- 2013: José Manuel Bermúdez presenta un libro salgado en Muros.