mércores. 14.05.2025
El tiempo

Muros contará cunha escola infantil de 41 prazas a finais do 2012

Muros contará cunha escola infantil de 41 prazas a finais do 2012

Xa temos falado da necesidade de escolas infantís na Costa da Morte para seguir evitando a sangría da emigración. E se polo centro da bisbarra escasean, polo sur parace que van solucionando.
Así, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou onte a construción dunha escola infantil de tres unidades e 41 prazas no concello de Muros. As previsións falan de que estará funcionamento esta escola antes de finais de 2012.

Mato reuniuse co concelleiro de Servizos Sociais de Muros, Miguel Prado, e explicou que se trata da primeira escola infantil pública do Concello e a segunda escola pública que realiza esta Consellería na Comarca, dado que na actualidade está en construción unha escola infantil en Carnota de tres unidades e 41 prazas. I investimento mínimo será de 400.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios