Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros leva o prescolar a cada casa

Muros leva o prescolar a cada casa

Como xa vén sendo habitual nestes últimos anos a xornada de natación para bebés tivo unha gran acollida. A concelleira de Deportes, Laura Eiras, convidou ás familias que participan no programa Preescolar na Casa, que se desenvolve en varias parroquias do Concello de Muros e vai dirixida a cativos de 0 a 3 anos, a unha clase para os/as nenos/as e seus pais na Piscina Municipal de Muros. Realizouse o luns ás 11.30 horas e contou coa participación de máis de 20 familias.

A concelleira destacou a importancia do deporte en tódalas idades e a resposta tan positiva dos máis pequenos que participaron nesta actividade e que se mostraron moi receptivos e contentos cos xogos na auga.

Dende a Piscina Municipal de Muros ofértanse actividades de natación para bebés, nenos/as en idade escolar, destacando a participación de ANPAS do Concello e arredores (Esteiro, Muros, Louro ou Carnota), embarazadas, postparto, terceira idade, natación terapéutica… Conta tamén con actividades en seco como body combate, aerobic, batuka infantil ou ximnasia de mantemento cunha gran participación. As instalacións están moi concorridas xa que ademais dos 780 asociados/as é frecuente ver usuarios/as que fan uso dos bonos mensuais, de dez sesións ou inclusive das entradas libres.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do departamento de Xuventude de Muros.

Comentarios