Muros emociona a alumn@s de toda Galicia


Fin de semana de emocións en Muros. Os VI Encontros de Centros por unha Convivencia Positiva "Muros Emocion@", organizados polo IES Plurilingüe Fontexería, desenvolvéronse cun enorme éxito de participación, xa que están inscritos mais de 20 centros educativos de toda Galicia e un total de 150 persoas, entre alumnado e profesorado.
A xornada deu comezo o sábado pola mañá coa recepción dos centros participantes e o reparto de documentación e, despois dun xantar de benvida, tivo lugar o acto inaugural, coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a deputada responsable de Benestar Social da Coruña, Ánxela Franco, a Alcaldesa de Muros, María José Alfonso Torres, a Directora do IES Fontexeria, María José Lago Fiúza e a profesora do IES Fontexería Sonia Fernández Casal, membro do equipo organizador.
A tarde contou coa presenza de Olga Volha Dzeviátnikava, coordenadora pedagóxica de "El Jardín de Juno" e un Espazo Aberto que contou con diferentes actividades.
En palabras da Directora, "queremos transmitir a idea de que a convivencia é algo que se constrúe, de igual xeito que se constrúe o instituto, espazo físico no que esa convivencia se desenvolve e medra”.

Novas relaconadas
Fonte
- Fontexería.