Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros puxo en valor o papel da muller no tecido asociativo do rural galego

Encontro do BNG de Muros coas Mulleres das Asociacions
Muros puxo en valor o papel da muller no tecido asociativo do rural galego

Interesante e comprometido encontro de mulleres o celebrado este pasado venres en Muros co gallo do Día Internacional da Muller. Moitas representantes das asociacións de Muros e a comarca achegáronse á Pedriña Alta para participar neste encontro que tiña como obxectivo viisbilizar o papel da muller no tecido asociativo do rural galego.

A deputada do BNG Noa Presas foi a moderadora, que estivo acompañada pola responsable Comarcal de Galiza Nova, Maruxa Martínez, quen deixou clara a intención de poder “crear un espazo para compartir experiencias e poder nutrirnos unhas das outras. Ninguén mellor ca nós sabemos o que temos que soportar e vivir por ser mulleres neste mundo”, valorou. Moitas compartiron as súas experiencias e todas se interesaron polo traballo das compañeiras.

Ía Lago, portavoz municipal das nacionalistas no concello de Muros celebrou o éxito da convocatoria e espera que o acto sirva de “xermolo para xerar dinámicas de colaboración dentro do activismo feminista da nosa localidade”.

 Encontro de Mulleres das asociacions de Muros

Novas 8M

Comentarios