Noites de incendios en Muros e Carballo
10:50 10/08/20
Ademais do drama que vive Ourense, como cada verán, as lapas tamén están afectando á nosa comarca.
Era media noite do sábado, cando o GES de Muros continuaba axudando para sufocar un lume forestal na subida a Serres pola AC-400. No lugar actuaron 2 motobombas distrito v, cuadrilla de Muros, 2 cuadrillas forestales e 2 axentes para acabar co incendio.
0:30 #IFMuros pic.twitter.com/n655Y1D9T4
— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) August 8, 2020
Un día máis tarde, esta pasada noite de domingo a luns, a alerta saltou en Carballo, preto da AG-55, ao tempo no que prendía un lume máis importante en Arteixo.
Incendios 2020
- 05-08-2020: Controlado un incendio entre Suxo e Riotorto.
- 24-07-2020: Outro incendio tivo en vilo a Dumbría.
- 21-07-2020: Controlado un incendio forestal en Fisterra, onde xa arderan 130 hectáreas o ano pasado.
- 19-07-2020: Os gaiteiros de Axio Mouro cambiaron gaitas por mangueiras para sufocar un incendio.
- 17-07-2020: A Garda Civil detén un mozo polo incendio de Berdoias.
- 15-07-2020: Extinguido un incendio en Berdoias tras calcinar 25 hectáreas
- 07-07-2020: A parroquia de Montouto sobre o terceiro incendio nos últimos meses
- 01-06-2020: Un incendio forestal arrasou 13 hectáreas arredor da Punta Nariga.
- 05-04- 2020: Mazaricos sofre o segundo incendio da corentena.
- 31-03-20: Os Bombeiros conseguen extinguir un incendio en Santa Comba a pesar do forte vento.