Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros sen acceso ás facturas das dietas de urbanismo do Concello

O BNG de Muros sen acceso ás facturas das dietas de urbanismo do Concello
Mándovos en arquivos adxuntos a foto de hoxe pola mañán cando saía do concello despois de que por terceira vez me negaran o acceso a información solicitada os días 11 e 13 de xaneiro relativa a facturas e informes urbanísticos.

Prantábase María Xosé Alfonso, a portavos do BNG de Muros, a semana pasada no Concello muradán para solicitar un informa das facturas de “comidas de urbanismo”. I é que o grupo da oposición denuncia que hai "tres facturas que aparecen na relación do decreto nº 538" ás que a alcaldesa Caridad González non lle deixa ter acceso.

Xa denunciara o BNG a contratación de novos asesores, e a voceira quere saber "se estas comidas son cos novos asesores de urbanismo, pois sería o colmo que se lles estean pagando as comidas (preto de 200 € cada comida) por enriba de cobraren entre os dous máis de 5.300 €/mes por acudiren dous días á semana ao concello, de teren á súa disposición dous despachos no concello e permitírselle aparcar no reservado para o concello".

Alfonso denuncia que "os funcionarios do concello néganse a proporcionarllas porque, según eles, teñen orde expresa da alcaldesa de non facilitarllas". E continúa: "non é de recibo que ao mesmo tempo que a alcaldesa está acudindo á crise e á falta de cartos para pagarlles aos empresarios e para non renovar contratos como o do transporte das persoas con discapacidade, estea organizando “comidas de urbanismo”".

Máis informes inaccesibles

Por outra banda, o BNG muradan denuncia que "o mesmo está acontecendo coa solicitude de acceso aos informes sobre tres ofertas temerarias que fai unha empresa para que lle sexan adxudicadas tres obras, séndolle denegadas dúas e adxudicada a terceira. O motivo de querer ver estes informes é que a empresa fai exactamente a mesma xustificación da temeridade nos tres casos e nos dous primeiros a xunta de goberno local non dá por válida a xustificación e no último caso si".

Hoxe, pleno

Dende a alcadía avisan de que hoxe martes 30 de xaneiro hai Pleno da Corporación convocado para as 20:30 horas ao ter que suspenderse o do 26 de xaneiro. De non acadar quórum terá lugar, en segunda convocatoria, dous días máis tarde á mesma hora.

E precisamente no Pleno o BNG presentará unha moción relativa ás hipotecas. "Dado que a regulación actual deste tema perxudica a estas familias e beneficia claramente ás entidades bancarias", o BNG de Muros presentaunha proposta na que solicita:

  • Pedir ao Goberno central que, tal e como vén propondo a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e outras organizacións sociais, aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura da dación en pago, de maneira que, nos casos de residencia habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda (principal, máis intereses e costas xudiciais) quede liquidada, tal e como sucede noutros países da UE ou en EEUU.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muros.

Comentarios