O Carme de Esteiro prepárase para unha final repetida do Campionato de Barrios


Repiten a finalísima do ano pasado os Independiente de Uhia e Os Ciclóns do Maio neste 36º Campionato de Barrios de Esteiro. Este xoves 15 de agosto de 2013, en plenas festas do Carme de Esteiro, o Xosé Luís Vara Oliveira vai rexistrar unha desas entradas para recordar, para ver a gran final, e para ver se o Independiente de Uhia é capaz de resarcirse da vitoria dos Ciclóns do Maio do ano pasado.
E foi un duro camiño para chegar ata a aquí. Esta mesma fin de semana disputábanse ás semifinais, e houbo que bregar. Comezaban o sábado cun igualadísimo Carallo Santo-Ciclóns, que remataba con empata 1 no marcador, obrigando aos actuais campións a vencer na tanda de penaltis.
O domingo, o Independiente podía con algo máis de solvencia, pero non sen sufrimento, ante o Abelleira, por 2-0.
E ollo, que na primeira fase, os Ciclóns xa avisaron ao Independiente cun claro 3-0, cos tantos de Kike Paluca e Venancio. Pero eran outros tempos e as verdadeiras forzas mediranse no Carme.

Novas relacionadas
- Os Ciclóns seguen arrasando no Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
- Kiko: “O fútbol da Costa é unha drogha das duras”.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).