O Ramón Artaza recibe un premio polos seus almorzos de recreo solidarios


Boas novas para o Centro Educativo Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros. A Consellería de Sanidade recoñecia onte o esforzo do centro para facer máis saudables os almorzos do recreo, facendo entrega dun premio no marco do I Congreso Aliméntate ben, que se está a celebrar estes no Palacio de congresos e exposicións de Galicia, e no que participan 500 alumnos de toda Galicia.
O centro realizou un estudo para comprobar si os almorzos do recreo son saudables, facendo recollida de datos dos almorzos do conxunto de todo o alumnado do colexio, tanto en Educación Infantil como Primaria, e realizando unha análise de etiquetas e valorando graxas, azúcares e sal, coa fin de facer propostas de mellora.
O premio ten unha dotación de 2.500 euros destinados á realización do estudo e invitacións ao alumnado a un día no aquapark de Cerceda.
Novas relacionadas
- O Cole de Esteiro viviu unha semana de inmersión na cultural contemporánea.
- O Ramón Artaza celebra a Semana do Libro cun concurso literario.
- O Colexio de Esteiro sumérxese na Arte Contemporánea.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).