Venres. 07.05.2021
El tiempo

O piloto das Carrilanas Pablo Molinos Buján estréase arrasando no Campionato Galego de Karting

Pablo Molinos Buján debutou no Campionato Galego de Karting
O piloto das Carrilanas Pablo Molinos Buján estréase arrasando no Campionato Galego de Karting

Xa comeza amosar o seu potencial a recén estreada Escola de Pilotoxs das Carrilanas Esteiro. O piloto local Pablo Molinos Buján (11 anos) estreaba o proxecto debutando na primeira proba do Campionato Galego de Karting 2021. O circuíto de A Madalena (Forcarei - Pontevedra), a primeira experiencia dun mozo esteirán máis alá do Gran Prix de Carrilanas.

Aínda que o obxectivo para a tempada é o de aprender e disfrutar, Pablo acadou o primeiro posto en todas as mangas disputadas, demostrando o potencial que ten esta simbiose entre carrilanas e karting.

A xornada do domingo comezaba co mellor tempo nos adestramentos oficiais o que lle permitía saír na "pole" e facerse coa victoria da primeira manga na que os seguintes clasificados tiveron problemas e non conseguiron seguir o ritmo do piloto esteirán. Para a derradeira carreira, Pablo partía de novo no primeiro posto da saída lanzada pero nesta ocasión a carreira estivo marcada pola igualdade xa que os pilotos de cabeza entraban en meta practicamente cunhas diferenzas de menos de 2 segundos entre o terceiro e o primeiro clasificado tras 12 voltas.

Un fantástico inicio para o proxecto que continúa a súa andaina o día 6 de xuño no circuíto de A Pastoriza.

Pablo Molinos Buján primeiro no Campionato Galego de Karting 1Pablo Molinos Buján primeiro no Campionato Galego de Karting

Novas relacionadas

comentarios