Luns. 06.05.2024
El tiempo

"Un home con lentes de pasta" invade o Auditorio de Muros

Rendrum Teatro “Un home con lentes de pasta”
"Un home con lentes de pasta" invade o Auditorio de Muros

Non para o programa teatral do Concello de Muros enchendo cada sábado o Auditorio do Centro Cultural de Muros. Este sábado 28 ás 20:30 h, será a compañía Redrum teatro a que traia o espectáculo, “Un home con lentes de pasta”. Un espectáculo que se clasifica como comedia negra.

O elenco está conformado por Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez e Fernando González, a dirección e tradución corresponde a  Alex Sampayo e o texto é de Jordi Casanovas. Esta comedia foi estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral e varios galardóns máis

Entradas

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou neste formulario en liña.

Comentarios