luns. 02.12.2024
El tiempo

Tarde gloriosa no Gran Premio Carrilanas Esteiro

Tarde gloriosa no Gran Premio Carrilanas Esteiro
Ambientazo nas Carrilanas de Esteiro 2013-Foto- Jose Sendon

Xa hai tempo que pasou de Baixada a Gran Prix. I é que o XXVI Gran Premio Carrilanas Esteiro 2013 non é unha das 9 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte porque si. Esta pasada fin de semana os 3 quilómetros de baixada do circuito de O Maio recibían a milleiros de afeccionados a este deporte artesanal, onde a velocidade e a artesanía son igualmente protagonistas.

O Xerente-a alma das Carrilanas Esteiro-Foto-Jose Sendon

Durante a mañá, as 77 carrilanas luciron na alameda de Esteiro, epicentro das festas, nunha exposición espectacular. Incrible ver a artesanía mecánica que xentes de toda Galicia prepararan durante o inverno para sacalas no verán. Todo tipo de formas, e ideas, destacando sempre as pezas de museo creadas polo Xerente, unha das almas das Carrilanas de Esteiro tras estar máis de 20 anos creando e baixando.
Este ano ademais, co patrocinio-denominación de orixe, pegou un salto en canto a repercusión mediática, o que unido a que o día non prestaba demasiado para ir á praia, Esteiro e o circuito presentaba unha entrada que nin en Montmeló.

Xa no deportivo, se o ano pasado a cousa acababa máis ben mal, este 2013 a Baixada foi espectacular. Finalmente gañaron os locais do Cachys Boys de Chanchester, Fran e Juanjo, que remontaron 3 postos unha vez que saíron na segunda liña de parrilla tras acadar o 4º posto nas clasificatorias do sábado, 4 segundos por detrás da escudería Ajavella.

I é que como vedes a cousa é completa, con adestramentos libres o venres, pole position na tarde do sábado, e gran premio a golpe de domingo. Ata o propio Fernando Alonso tivo que achegarse a Esteiro co seu ferrari de madeira!

Fernando Alonso tamen estivo nas Carrilanas de Esteiro-Foto-Jose Sendon

A experiencia en vivo

E aquí vemos a crreira dende o casco da carrilana gañadora. Que vertixe!!

E aquí mesmo intentaremos ir traendo os vídeos que se vaian publicando sobre a carreira. Polo de pronto, deixámosvos cun vídeo feito oir Chus do Pelos:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios