Un Concurso Cavernícola para dinamizar a vida musiqueira da contorna de Muros


Fantástica a iniciativa do pub A Caverna de Muros. I é que todo o que sirva para dinamizar a vida cultural e musiqueira da Costa da Morte ten que ser benvida. Desta volta o, pub artella o 1º Concurso Cavernícola de Bandas, que pretende reunir á maioría de músicos afeccionados da contorna de Muros.
O Obxectivo é promocionar a todas as persoas que levades tempo aporreando instrumentos e vos apetece tocar diante dos fans e gruppies participando neste concurso que dirimirá cal é o mellor grupo/artista musical da nosa comarca!! O gañador será premiado con 300€!!
Non importa que sexades unha banda completa, un solista, un home orquestra… todo o que soe vale!
Pola Sala Nasmo
Ademais, o pub quere poñer en valor o traballo que fai pola música local a Sala Nasmo, onde unha chea de agrupacións musicais ensaian todas as fins de semana de xeito totalmente gratuíto, polo que deseñaron unha fonte de microdoazóns ca adquisición das cartas de votación.

Inscrición
Para apuntarse debedes enviar antes do 31 de xaneiro, unha mensaxe ao correo electrónico: acavernapub@gmail.com ou cunha mensaxe privada no perfil de facebook de A Caverna Muros (www.facebook.com/acaverna.muros) deixando un correo electrónico, no cal recibiredes as bases do concurso, e a través do cal se vos irá informando dos días de concerto de cada banda e da evolución do concurso.
Novas relacionadas
- Nace o Atallo do Muxo para dinamizar a noite de copas en Muros.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Terbutalina xa están ben peinados.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
Máis novas musiqueiras
- Grand Soul Band, o grupo de Santa Comba que vai camiño do Azkena Rock.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).