sábado. 10.05.2025
El tiempo

Un convento convertido en hotel por San Francisco

Un convento convertido en hotel por San Francisco
Convento Franciscano de Louro-Muros

Menuda xoia este Convento de San Francisco de Louro, en Muros. Un tesouro patrimonial que saben aproveitar os monxes franciscanos como hospedería. Xa levan tempo rexentenado precisamente unha pensión e un camping situado ao outro lado da estrada, diante da praia de San Francisco.
Agora a congregación quere dar un paso adiante, e presenta un proxecto ben ambicioso.

Foi fundado como crematorio no ano 1223 e sobre el levantouse unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, que no ano 1432 pisou a ser convento, A súa vida verase paralizada no ano 1835 por causa da exclaustración dos relixiosos, pero anos despois, concretamente no 1873, volveu ser ocupado polos membros da orde franciscana que se encargaron da súa restauración.

Agora toca outro cambio: propoñen ao Concello un proxecto de rehabilitación para pasar de pensión a hotel de tres estrellas, unha piscina, 36 habitacións e un salón para eventos tipo BBC. Fará falta remodelar o interior do edificio case que por completo.

Se ben o Concello xa deu o seu visto bo, agora tócalles dar a aprobación os organismos da Xunta, Patrimonio e Urbanismo.

Entrada ao Convento Franciscano de Louro-Muros-Foto-Turgalicia

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • La Voz.

Comentarios