sábado. 10.05.2025
El tiempo

Un Rali Fotográfico polo Espíritu Santo

Un Rali Fotográfico polo Espíritu Santo
Rali Fotografico de Muros 2013

Dentro da programación de festas do Espírito Santo de Campo de Cortes, en Muros a ACRDM O Rumial incorpora un Rali Fotográfico que terá lugar este domingo 12 de maio. Un evento que é froito das gañas de mellorar e incorporar temas culturais a programación de festas, que continuarán a golpe de verbena os vindeiros 18 e 19 de maio.

O Rali está estruturado en tres categorías a saber: Reflex, Compacta e unha especial por edades entre 0 – 14 anos. Tendo en conta as categorías está claro que ninguén queda fora.

O inicio do Rali será as 10:00, entrega de credenciais e posterior ruta por Campo de Cortes, recorrendo todos os lugares que fan distinto esta zona de Muros, visitaremos Santa Cruz, San Marcos, O Rumial e unha volta por todo o lugar para rematar no Espírito Santo.

Esta iniciativa xa está tendo os seus resultados, neste momento están inscritos uns 40 fotógrafos dispostos a apretar o obturador. Un dos fotógrafos colaboradores na organización do evento é Mino Andrade, fotografo local afincado en Compostela que acaba de expoñer en Muros o seu proxecto “unha equipaxe de volta”, participa na exposición FotoforumCompostela na Facultade de CC Comunicación, fotógrafo do evento Atlántica 2013, etc.

Poden inscribirse en fotocampodecortes@gmail.com, ou chamar 645811032.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios